Saltar ao contido

Sam Moorhead

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSam Moorhead

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1961
Educación Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill.
Q89547790Estudos de numismática romana.
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía e numismática.
Ocupaciónarqueólogo clásico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoPhilippa Walton (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
- (2011): Arqueólogo do Ano.
- (2013): Premio Lhotka (RNS).
- (2019): Medalla da RNS.

Sam Moorhead, nado en 1961, é un arqueólogo e numismático, membro do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Moorhead graduouse en Arqueoloxía Clásica e Historia Antiga na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, e posteriormente completou os seus estudos na Universidade de Durham e no Instituto de Arqueoloxía da University College London (UCL).[1][2]

Durante as décadas de 1980 e 1990 traballou no estudo de diversos conxuntos e coleccións de moedas, como a do Museo de Wiltshire, que lle serviu para elaborar a súa tese de mestrado coa que se graduou no UCL. Participou ademais en escavacións en Israel, en Palestina, en Italia e en Albania, e publicou numerosos artigos sobre eses traballos.[3] Tamén exerceu como profesor de Cultura Clásica, Arqueoloxía e Historia Antiga no Ardingly College durante 12 anos.[1][4]

En 1997 ingresou no Museo Británico como profesor de Arqueoloxía,[3] e en 2006 pasou a ser asesor de achados monetarios da Idade de Ferro e moedas romanas dentro do Portable Antiquities Scheme, baseado no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[1][4]

Moorhead estivo a traballar durante cinco anos nun volume da serie Roman Imperial Coinage, dedicado aos emperadores Carausio e Alecto, que involucrou arredor de 70 museos do Reino Unido e doutros países.[1]

Sam Moorhead é membro da Royal Numismatic Society, da que foi secretario, da British Numismatic Society e da Roman Society.[4] Ademais, foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres e é profesor honorario do Instituto de Arqueoloxía do University College London.[1]

No curso 2017-2018 foi profesor visitante do Archaeological Institute of America.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Sam Moorhead ao longo da súa carreira académica:[4][7][8][9]

  1. 1 2 3 4 5 6 "Moorhead, Sam". En Coins Weekly. 25 de outubro de 2017.
  2. 1 2 "AIA Lecturer: Sam Moorhead, FSA Arquivado 25 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Archaeological Institute of America.
  3. 1 2 "Sam Moorhead Arquivado 25 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.". Portable Antiquities Scheme.
  4. 1 2 3 4 "Sam Moorhead - Honorary Lecturer Arquivado 11 de agosto de 2022 en Wayback Machine.". University College London.
  5. ↑ "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  6. ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. ↑ "Sam Moorhead". Academia.edu
  8. ↑ "Moorhead, Sam Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  9. ↑ "Moorhead, Sam". WorldCat Identities.