Saltar ao contido

Peter Berghaus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Berghaus
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1919.
Hamburgo Editar o valor en Wikidata
Morte16 de novembro de 2012 (92 anos)
Münster.
Renania do Norte-Westfalia
Alemaña Alemaña
Lehrbeauftragter (en) Traducir
Director de museo
Profesor honorario
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
EducaciónUniversidade de Hamburgo.
Q89547790Fundador da Hamburger Schule.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Lugar de traballo Münster Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Influencias en
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeInge Berghaus. Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1974): Premio de honra da GIG.
- 1979: Medalla Elias Brenner (SNF).
- (1979): Medalla da RNS.
- (1984): Medalla Huntington (ANS).
- (2004): Eligiuspreis (DNG).

Peter L. Berghaus, nado o 20 de novembro de 1919 en Hamburgo e finado o 16 de novembro 2012 en Münster, foi un numismático alemán, especialista en moeda medieval e fundador da chamada "Escola numismática de Hamburgo" (Hamburger Schule).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Berghaus foi o máis novo de catro irmáns e quedou orfo de pai e nai na súa xuventude. Desde moi novo sentiu atracción polo coleccionismo de moedas e con 18 anos ingresou na Asociación de Amigos da Moeda da súa cidade.[1]

Berghaus cursou a súa educación secundaria no Gelehrtenschule des Johanneums de Hamburgo, caracterizado pola súa formación humanística, e alí formouse nas linguas latina e grega.[2]

De camiño participou como solado na segunda guerra mundial, en diferentes países europeos.[1][2]

Finalizada a guerra, Berghaus cursou os estudos superiores de Historia, Folclore e Historia da Arte na súa cidade natal. Posteriormente acadou o seu doutoramento na Universidade de Hamburgo cunha tese dirixida polo seu profesor de Numismática, Walter Hävernick, e por Hermann Aubin, acerca das fronteiras monetarias medievais na rexión do Alto Weser.[1][3] Este estudo, publicado en 1951, considérase como o primeiro traballo académico da Escola Numismática de Hamburgo.[4]

A partir de 1950 comezou a traballar no gabinete numismático do Museo Estatal de Arte e Historia Cultural de Westfalia, no que inicialmente se encargou da organización do departamento de Historia Local. En 1972 foi nomeado subdirector do museo e, desde 1977 ata a súa xubilación en 1984, desempeñou o cargo de director.[1][4][5]

En 1954, Berghaus foi elixido membro da Comisión Histórica de Westfalia, e en 2006 pasou a ser membro correspondente. En 1967 fundou a Sociedade Alemá de Amigos da Medalla, xunto con Georg Wimmelmann e Otto Marzinek.[5][6] Entre 1973 e 1986 formou parte do comité directivo da Comisión Internacional de Numismática, da que chegou a ser vicepresidente en 1979.[7] Ademais, entre 1972 e 1992 foi vicepresidente da Sociedade Numismática Alemá.[1][5]

Berghaus foi profesor de Numismática desde 1955 na Universidade de Münster e en 1961 outorgóuselle a condición de profesor honorario.[8]

A participación de Berghaus foi indispensable no proceso de identificación de moedas de procedencia alemá nos achados monetarios suecos do período viquingo, en 1950, xunto con Vera Hatz e Gert Hatz.

Os estudos de Berghaus supoñen unha contribución importante á numismática medieval, cun particular interese na época viquinga, na zona de Westfalia e, nunha primeira etapa, na historia das investigacións numismáticas. A el débeselle a introdución da técnica da comparación dos cuños nos estudos de numismática medieval, que xa fora utilizado con aterioridade para a moeda antiga por investigadores como F. Imhoof-Blumer ou Kurt Regling.[9]

Por outra banda, á marxe do ámbito numismático, desde 1962 foi un dos membros fundadores do Rotary Club de Münster-St. Mauritz, desde o que, a partir de 1970, se desenvolveron proxectos para o desenvolvemento da India.[1][5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dalgunhas das monografías máis salientables publicadas por Berghaus ao longo da súa traxectoria académica:[15][16]

  1. 1 2 3 4 5 6 Kampmann, U. (2012).
  2. 1 2 Mäkeler, H. (2012) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 78.
  3. ↑ Mäkeler, H. (2012) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 79.
  4. 1 2 Mäkeler, H. (2012) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 80.
  5. 1 2 3 4 Dethlefs, G.; Steguweit, W. (2012).
  6. ↑ Weber, I. S. (2010). "Erkenntnisse zum Medaillenschaffen des schwäbischen Bildhauers Fritz Nuss (1907-1999)". En Jahrbuch für Numismatik und Geldgeschichte. 60. Páxinas 207-242, 231-233.
  7. ↑ Mäkeler, H. (2012) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 78.
  8. ↑ Mäkeler, H. (2012) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 82.
  9. ↑ Mäkeler, H. (2012) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 81.
  10. ↑ "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28.
  11. ↑ "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
  12. ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  13. ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  14. ↑ "Eligiuspreisträger 1996-2005". Sitio web da DNG.
  15. ↑ "Mäkeler, H. (1999). "Numismatische Veröffentlichungen von Peter Berghaus". Hendrik.makeler.eu
  16. ↑ "Berghaus, Peter 1919-2012 Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]