Saltar ao contido

Roger Bland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoger Farrant Bland
Biografía
Nacemento3 de abril de 1955
Chair of the Treasure Valuation Committee (en) Traducir
11 de agosto de 2020 –
34º Presidente da Royal Numismatic Society
2018 –
← Andrew Burnett
30º Presidente da Sociedade Numismática Británica
2012 – 2016
← Robin John Eaglen – Kevin Clancy → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
EducaciónKing's College
Universidade de Londres
Q89547790- Estudo e publicación de achados numismáticos.
- Estudos de Moeda da Antiga Roma.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónconservador, profesor universitario, autor, numismático, arqueólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoPhilippa Walton (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLucilla Mary Burn (1987) Editar o valor en Wikidata
Premios
- 1979: Premio Barclay Head.
- 1983 e 1989: Premio Gillijam, da RNS.
- 2011: Premio Allier de Hauteroche.
- 2012: Jeton de Vermeil, da SFN
- 2014: Medalla da RNS.
- 2016: Medalla Presidencial da Academia Británica.
- 2017: Medalla Huntington da ANS.

Dialnet: 2554626

Roger Farrant Bland, nado en Londres o 3 de abril de 1955, é un numismático e museólogo británico vinculado ao Museo Británico.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Roger Bland é fillo de David Ferrant Bland e Mary Elmore Bland, e casou en 1987 con Lucilla Mary Burn.[1]

Bland realizou os seus estudos universitarios no King's College da Universidade de Londres, onde se graduou en Estudos Clásicos en 1978. Na mesma universidade acadou o grao de doutor en 1991 cunha tese titulada The Coinage of Gordian III from the mints of Antioch and Caesarea.[2]

O ano seguinte á súa graduación, en 1979, ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, ao que estivo vinculado ata 2005. A partir dese ano pasou a ocupar o posto de conservador en diversos departamentos do museo: Departamento de Antigüidades Portátiles e Tesouro (2005-2012), Departamento de Prehistoria e Europa (2012-2013) e Departamento de Gran Bretaña, Europa e Prehistoria (2013-2015).[1][2]

A partir de 2015, exerceu tamén como profesor visitante da Universidade de Leicester e membro do Instituto McDonald para a Investigación Arqueolóxica, da Universidade de Cambridge.[1]

Ao longo da súa vida académica exerceu ademais diversos cargos directivos en varias entidades numismáticas e arqueolóxicas, como membro do consello da Sociedade de Anticuarios de Londres, vicepresidente da Real Sociedade de Numismática ou presidente da Sociedade Británica de Numismática.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 "Bland, Dr Roger Farrant". En Who's Who & Who Was Who.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 Currículo de Roger Bland. En Academia.
  3. ↑ "The Gilljam Prize for Third-Century Numismatics". The Royal Numismatic Society.
  4. ↑ "Fellows Directory: Bland". Society of Antiquaries of London.
  5. ↑ "Nº. 58729". The London Gazette (suplemento). 14 de xuño de 2008. Páxinas 8-9.
  6. ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  7. ↑ "The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society.
  8. ↑ "British Academy announces 2016 prizes and medal winners". The British Academy.
  9. ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  10. ↑ "Dr. Bland Receives 2017 Huntington Award Arquivado 28 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  11. ↑ "2017 Archer M. Huntington Award for Roger Bland". Coins Weekly. 28 de setembro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Andrew Burnett

Presidente da Royal Numismatic Society

Desde 2018
Sucesor:
No cargo.