Saltar ao contido

Derek Allen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDerek Fortrose Allen
-Derek Allen-

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1910
Londres Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xuño de 1975 (65 anos)
Chipping Norton
Oxfordshire
Inglaterra
23º Presidente da Royal Numismatic Society
1966 – 1970
← Philip Grierson – Colin M. Kraay →
18º Presidente da Sociedade Numismática Británica
1959 – 1963
← Horace Herbert King – Charles Wilson Peck → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
Q89547790Catalogación de moeda británica no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónarqueólogo, numismático, erudito clásico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeWinifred Gell (1938) Editar o valor en Wikidata
FillosNicholas Justin Allen Editar o valor en Wikidata
Premios
- 1953: Medalla Sanford Saltus, da BNS.
- 1966: Medalla da RNS.
- 1971: Membro honorario da British Numismatic Society.

Derek Fortrose Allen, nado en Epson, no condado de Surrey, o 29 de maio de 1910 e finado en Chipping Norton, Oxfordshire, o 13 de xuño de 1975, foi un conservador de museo e numismático inglés, vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e directivo da Academia Británica desde 1969 ata o seu falecemento.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e formación

[editar | editar a fonte]

Derek Allen era fillo do xurista Ernest Allen e de Elsie Mackenzie, que lle transmitiu a Derek a súa paixón pola música.[2] Logo do ensino primario en Sutton, cursou a educación secundaria no Wellington College de Berkshire. A delicada situación económica da familia na década de 1930 impediu que puidese realizar estudos superiores, aínda que afondou na súa formación musical co propósito de chegar a se converter en profesional, o que o levou a residir en Oxford.[3]

En Oxford tomou contacto coa historiografía e a arqueoloxía influído por varios dos seus profesores, e empezou a acudir a algunhas escavacións. Un deses profesores, Michael Parker, propúxoo para ocupar un posto vacante no Museo Británico.[4]

Vinculación coa numismática

[editar | editar a fonte]

E así foi que en 1935 accedeu como conservador axudante ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, ás ordes de John Allan e en substitución de G. C. Brooke, que falecera repentinamente.[5] A súa primeira publicación en materia numismática produciuse xa no ano seguinte, cun artigo para o Congreso Internacional de Numismática de 1936, celebrado en Londres, aínda que as súas contribucións máis significativas non empezaron a producirse ata a década de 1940.[6]

En 1938 casou con Winifred Gell, con quen tivo tres fillos, e estableceu a súa residencia no distrito londiniense de Bloomsbury.[7]

Aínda que nos primeiros momentos carecía de experiencia, axiña se lle encomedou encargarse da clasificación das 4.000 moedas dos reis Eduardo I e Eduardo II procedentes do tesouro de Boyton, e seguidamente do legado de Clarke-Thornhill, consistente en 12.000 pezas. A partir de aí, Allen non tardou en ser recoñecido como unha das principais autoridades mundiais na moeda antiga das illas británicas e na moeda celta de todo o continente. O seu proxecto de catalogar as emisións monetarias de Henrique II foi interrompido pola segunda guerra mundial, aínda que logrou concluílo en 1947.[8][9]

Derek Allen ingresou na British Numismatic Society (BNS) en 1935 e foi o secretario da entidade desde 1938 a 1941. Así mesmo, foi o editor dos volumes XXII e XXIII do seu órgano de expresión, o British Numismatic Journal. A súa estreita vinculación coa BNS levouno a ser elixido presidente entre 1959-1963.[5][9]

Tamén formou parte da Royal Numismatic Society, que presidiu entre 1966 e 1970.[10][11] Así mesmo, foi elixido membro da Academia Británica en 1963 e nela exerceu os postos de secretario e de tesoureiro.[9]

Allen xubilouse en 1968 e pasou os derradeiros anos da súa vida en Chilson, en Oxfordshire.[12]

Premio Derek Allen

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Premio Derek Allen.

En 1976, un ano despois do seu pasamento, a súa viúva estabeleceu coa Academia Británica un premio na súa memoria, o premio Derek Allen, co que se recoñecen anualmente traballos de investigación sobre as tres paixóns de Allen: a musicoloxía, anumismática e os estudos celtas.[13]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

A maior parte da obra científica de Derek Allen foi publicada no British Numismatic Journal, o órgano de expresión da British Numismatic Society. Porén, Allen publicou tamén nalgunhas das máis prestixiosas revistas numismáticas europeas do momento e foi autor de diversas monografías (unha importante parte das súas publicacións son póstumas).[16][17][18]

Artigos en British Numismatic Journal

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1987- 1995): Catalogue of the Celtic coins in the British Museum : with supplementary material from other British collections. Con John Kent e Melinda Mays. British Museum Publications.
    • (1987): Vol. 1: Silver coins of the East Celts and Balkan peoples.
    • (1990): Vol. 2: Silver coins of North Italy, South and Central France, Switzerland and South Germany. ISBN 9780714108698
    • (1995): Vol. 3: Bronze coins of Gaul. ISBN 9780714108780
  1. ↑ "Allen, Derek Fortrose". En Who´s Who & Who Was Who.
  2. 1 2 Turner, E. G. (1977). Páxina 435.
  3. ↑ Turner, E. G. (1977). Páxina 436.
  4. ↑ Turner, E. G. (1977). Páxina 438.
  5. 1 2 Turner, E. G. (1977). Páxina 439.
  6. ↑ Blunt, C. E. (1976). Páxina 90-91.
  7. ↑ Turner, E. G. (1977). Páxina 440.
  8. ↑ Turner, E. G. (1977). Páxinas 439-456.
  9. 1 2 3 4 5 6 Blunt, C. E. (1976). Páxina 91.
  10. ↑ "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
  11. 1 2 3 4 Turner, E. G. (1977). Páxina 446.
  12. ↑ Turner, E. G. (1977). Páxina 447.
  13. ↑ "Derek Allen Prize". The British Academy.
  14. ↑ "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
  15. ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  16. ↑ "Allen, Derek Fortrose 1910-1975 Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". En Digital Library Numis.
  17. ↑ Thompson, R. H. (1974).
  18. ↑ "Derek Fortrose Allen". En WorldCat.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Philip Grierson

Presidente da Royal Numismatic Society

1966 - 1970
Sucesor:
Colin M. Kraay