Saltar ao contido

Patrick Bruun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatrick Bruun
Biografía
Nacemento(fi) Patrick Magnus Bruun Editar o valor en Wikidata
17 de abril de 1920
Helsinqui Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xuño de 2007 (87 anos)
Turku.
Finlandia Finlandia
Catedrático Åbo Akademi
1968 – 1983 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandesa.
EducaciónUniversidade de Helsinqui.
Q89547790Estudos de numismática romana.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónhistoriador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorÅbo Akademi Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxe- Kyllikki Forssell.
- Eva Ulli Margareta Aminoff. Editar o valor en Wikidata
FillosChrister Bruun Editar o valor en Wikidata
PaisMagister Otto Bruun Editar o valor en Wikidata  e Elsa Bruun Editar o valor en Wikidata
IrmánsKettil Bruun Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1974): Jeton de Vermeil (SFN).
- (1980): Medalla da Royal Numismatic Society.
- (1989): Medalla Huntington (ANS).
- (1992): Medalla Gunnar Holst.

Dialnet: 2583017 WikiTree: Bruun-396

Patrick Magnus Bruun, nado o 17 de abril de 1920 en Helsinqui e finado o 30 de xuño de 2007 en Turku, foi un numismático finlandés especialista na moeda da Antiga Roma.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Patrick Bruun era fillo de Otto Bruun e de Elsa Maria Inberg, e irmán do sociólogo Kettil Brunn.[2] Graduouse en 1953 na Universidade de Helsinqui coa tese titulada The Constantinian Coinage of Arelate.[1]

De 1952 a 1957 foi redactor cultural do xornal finlandés Nya Pressen, e entre 1957 e 1960 ocupou nese medio o posto de secretario de redacción.[1]

Durante case dúas décadas (1956-1972) exerceu a docencia universitaria de Numismática Romana na Universidade de Helsinqui, cunha interrupción entre 1965 e 1968, cando foi director do Institutum Romanum Finlandiae, en Roma.[1]

En 1968 foi chamado a ocupar a cátedra de Historia Xeral en Åbo Akademi, a universidade en lingua sueca con sede en Turku, onde exerceu a docencia ata 1983 e na que tamén exerceu o cargo de vicerreitor entre 1969 e 1975.[1]

O interese principal das súas investigacións foi sempre a moeda romana, sinaladamente a da Antigüidade tardía. En 1966 saíu á luz o sétimo volume de Roman Imperial Coinage (RIC), de cuxa edición se responsabilizou Bruun, que abrangue as emisións monetarias do período entre Constantino I e Licinio (313-337 d. de C.).[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Canto á súa vida persoal, Patrick Bruun casou dúas veces, a primeira en 1945 coa actriz finlandesa Kyllikki Forssell, da que se divorciou en 1950, e a segunda (1953-1992) con Eva Ulli Margareta Aminoff.[2][3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Bruum foi nomeado membro correspondente do Instituto Alemán de Arqueoloxía (1979) e membro de honra da Sociedade Numismática Finlandesa (1989) e da Sociedade de Anticuarios de Londres (1990).[4]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das monografías máis representativas de Patrick Bruun publicadas ao longo da súa traxectoria académica:[8][9]

  1. 1 2 3 4 5 6 "Bruun, Patrick". Uppslags-verket Finland.
  2. 1 2 "Patrick Magnus Bruun". Geni.com
  3. ↑ Ellonen, Leena (ed.) (2008). Suomen professorit 1640–2007. Professoriliitto, Helsinqui. Páxina 88. ISBN 978-952-99281-1-8
  4. ↑ "Patrick Magnus Bruun". Institute for Advanced Study. Princeton.
  5. ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  6. ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  8. ↑ "Bruun, Patrick". WorldCat Identities.
  9. ↑ "Bruun, Patrick Magnus 1920-2007 Arquivado 09 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Westman, R. (1991). Patrick Bruun. En Engman, M. (ed.). Historiens Studium vid Åbo Akademi. Åbo Akademis förlag, Åbo. Páxinas 219-243. ISBN 951-9498-94-X