Kurt Regling
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de novembro de 1876 Berlín |
| Morte | 10 de agosto de 1935 |
| Director de museo | |
| | |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | Alemá |
| Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
| Q89547790 | Estudos de numismática antiga. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática |
| Ocupación | numismático, profesor universitario, conservador |
| Empregador | Universidade Frederico Guillerme de Berlín, Privatdozent, profesor honorario (1907–1935) Gabinete Numismático de Berlín, Q2532847 Griechisches Münzwerk (en) |
| Influencias | |
| Premios | |
| - (1929): Medalla Huntington (ANS). - (1933): Medalla da Royal Numismatic Society. | |
Lista
| |
Kurt Ludwig Regling, nado o 8 de novembro de 1876 en Berlín e finado o 10 de agosto de 1935 na mesma cidade, foi un numismático alemán especializado en numismática antiga.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kurt Regling cursou a educación secundaria no instituto Friedrich Wilhelm, de Berlín, entre 1886 e 1895, ano en que comezou a súa formación superior na Universidade de Berlín, grazas a unha das bolsas de estudos establecidas por Friedrich Imhoof-Blumer.[2] En 1899 acadou o doutoramento coa tese titulada De belli Parthici Crassiani fontibus.[3]
Regling obtivo a súa habilitación como profesor universitario na Universidade de Berlín en 1907 e a partir dese ano impartiu docencia de Numismática nesa institución académica, desde 1921 en condición de profesor honorario.
Paralelamente, en 1899 ingresou no Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín como voluntario, inicialmente como axudante de investigación, a partir de 1902 como axudante da dirección e desde 1919 como conservador do Gabinete. En 1921 foi nomeado director do Münzkabinett, posto que desempeñou ata o seu falecemento en 1935.[1]
O ámbito principal das investigacións de Regling foi a numismática antiga, e tamén se sentiu atraído pola arte da medallística renacentista. De feito, Regling estudou a moeda fundamentalmente desde a súa perspectiva artística.
Foi tamén colaborador do proxecto académico Griechisches Münzwerk ("Moeda grega") da Academia de Ciencias de Prusia, no marco do cal publicou o volume Dacien und Moesien, xunto con Behrendt Pick.[4]
Kurt Regling foi membro honorario da Royal Numismatic Society, de Londres.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1929): Medalla Huntington, da American Numismatic Society. [6]
- (1933): Medalla da Royal Numismatic Society.[7]
Ademais destes premios, os Museos Estatais de Berlín (Staatliche Museen zu Berlin), institución na que se encadra o Gabinete Numismático de Berlín, instituíron na súa homenaxe a Medalla Kurt Regling (Kurt-Regling-Medaille).[8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Escolma de monografías
[editar | editar a fonte]- (1906): Die griechischen Münzen der Sammlung Warren. Reimer, Berlín.
- (1906): Terina (Programm zum Winckelmannsfeste der Archäologischen Gesellschaft zu Berlin, Band 66). Reimer, Berlín.
- (1910): Die antiken Münzen Nordgriechenlands (con Behrendt Pick). Reimer, Berlín.
- (1921): Festschrift zu C. F. Lehmann-Haupts sechzigstem Geburtstage (con Hermann Reich). Braumüller, Viena.
- (1924): Die antike Münze als Kunstwerk. Schoetz & Parrhysius, Berlín.
- (1927): Die Münzen von Priene. Schoetz, Berlín.
Artigos publicados en Zeitschrift für Numismatik
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Zeitschrift für Numismatik.
Estes son os artigos publicados por Kurt Regling en Zeitschrift für Numismatik, a revista do Sociedade Numismática de Berlín, da que el foi editor entre 1921 e 1935, xunto con Julius Menadier:
- (1902): "Zur griechischen Münzkunde: Sicyon, Sinope, Heraclea Bith., Rhodus, Laodicea Syr., Ägypten Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 23. Páxinas 107-116. / "Zur griechischen Münzkunde: Philippopolis Thr., Gorgion, Dynast von Gambrium, Ephesus, Cnidus, Aegeae, Hermupolis Lyd., Thyatira, Siocharax Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Páxinas 190-202.
- (1904): "Zur griechischen Münzkunde: Amyzon, Cilicia (Aegeae?), Datames, Caesarea Paneas col., Erasiones Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 24. Páxinas 129-144.
- (1906): "Zur griechischen Münzkunde: Thera, Bithynium, Lycia Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 25. Páxinas 39-51.
- (1906): "Ein Tridrachmon von Byzantion Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 25. Páxinas 207-214.
- (1908): "Römischer Denarfund von Lengowo Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 26. Páxinas 304-316.
- (1910): "Zum Fund von Iubadenaren in Alkasar Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 28. Páxinas 9-27.
- (1912): "Münzschatz von Theadelphia Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 29. Páxinas 112-138.
- (1912): "Römischer Denarfund von Fröndenberg Arquivado 10 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 29. Páxinas 189-253.
- (1920): "Syrien, nicht Ephesos Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 32. Páxinas 146-151.
- (1922): "Phygela, Klazomenai, Amphipolis Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 33. Páxinas 46-67.
- (1922): "Ein Goldsolidus des Romanus I Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 33. Páxinas 274-279.
- (1924): "Mende Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. ". ZfN. Nº 34. Páxinas 7-35.
- (1924): "Goldstater von Phygela Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 34. Páxinas 177-178.
- (1924): "Choirion, nicht Herakleidas Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 34. Páxinas 349-353.
- (1925): "Lenos. Eine Berichtigung zu Holstenius Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 35. Páxinas 114-115.
- (1925): "Zur griechischen Münzkunde: Markianopolis, Lychnidos Illyrien, Tralleis = Goldstater, Exercitus Delmaticus Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. ". ZfN. Nº 25. Páxinas 253-271.
- (1927): "Zwei ägyptische Funde altgriechischer Silbermünzen Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine." (con J. Menadier). ZfN. Nº 37. Páxinas 1-138.
- (1928): "Hellenistischer Münzschatz aus Babylon Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 38. Páxinas 92-132.
- (1929): "Das Notgeld des Timotheos Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 39. Páxinas 199-203.
- (1931): "Der griechische Goldschatz von Prinkipo. Museum der Altertümer zu Istanbul Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 41. Páxinas 1-46.
- (1935): "Dynastenmünzen von Tyana, Morima und Anisa in Kappadokien Arquivado 13 de xullo de 2019 en Wayback Machine.". ZfN. Nº 42. Páxinas 1-23.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Regling, Kurt (1876-1935) ". Kalliope-Verbund.
- ↑ Bloesch, H. (1974). "Imhoof, Friedrich". En Neue deutsche Biographie. T. X. Berlin. Páxinas 156-157. ISBN ISBN 3-428-00191-5
- ↑ "De belli parthici crassiani fontibus". WorldCat.
- ↑ "Griechisches Münzwerk". Berlin-Brandenburgische Akademie der Wissenschaften.
- ↑ "Alphabetical List of All Honorary Fellows of the RNS (1904-)". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Lichtenfeld, Gerhard: Kurt Regling". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst e.V.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lederer, P. (1935). "Kurt Regling †". En Deutsche Münzblätter. Nº. 54/54. Páxinas 405-408 ISSN 0932-2302.
- Lehmann-Haupt, C. F. (1935). "Kurt Regling". En Klio. Nº 28. Páxinas 350-352.
- Suhle, A. (1935). "Kurt Regling †". En Berliner Museen. 56. H. 4. Páxinas 76-79. ISSN 0934-3911
- Schiering, W. (1988). "Anhang". En Lullies, R.; Schiering, W. (eds.) Archäologenbildnisse. Porträts und Kurzbiographien von Klassischen Archäologen deutscher Sprache. Von Zabern, Mainz. Páxina 333. ISBN 3-8053-0971-6
- Killy, W.; Vierhaus, R. (eds.) (1998). Deutsche Biographische Enzyklopädie. 8. Plett – Schmidseder. K. G. Saur, Múnic. Páxina 187. ISBN 3-598-23168-7
- Kluge, B. (2004). Das Münzkabinett. Museum und Wissenschaftsinstitut. Berlín, Münzkabinett. ISBN 3-88609-494-4
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Regling, Kurt Ludwig 1876-1935". Digital Library Numis Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.
- "Regling, Kurt 1876-1935". WordCat.

