Saltar ao contido

Veneralia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Veneralia
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Día periódico
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02r2lz Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Veneralia (en latín Veneralia) foi unha antiga festividade romana que se celebraba o 1 de abril (nas calendas de abril) na honra de Venus Verticordia ('cambiadora de corazóns') e Fortuna Virilis. O festival estableceuse no ano -220, xusto antes do comezo da Segunda Guerra Púnica debido ao mandato dun oráculo sibilino, segundo Ovidio[1].

Ese día, as mulleres romanas, casadas e solteiras, ían ao templo de Venus e quitaban os colares de ouro da estatua da deusa. Facíanlle un lavado sagrado á imaxe e despois substituían os colares de ouro por flores e rosas para decorala. Máis tarde, as devotas acudían aos baños públicos masculinos, cubríndose con biombos feitos de mirto, que lembraban a lenda na que Venus, sorprendida espida por uns sátiros mentres se bañaba, se cubriu para salvarse. As mulleres, espidas, ofrecían incenso á Fortuna Viril e obtiñan da deusa o poder de lles dar ocultado os seus defectos físicos aos homes. Finalmente, bebían papoulas moídas, disoltas en leite e adozadas con mel, a mesma bebida que Venus bebeu o día da súa voda con Vulcano. A cerimonia servía para garantir a beleza ás devotas, e tamén para fortalecer a súa personalidade e darlles nobreza[2][1].

  1. 1 2 Ovidio. Fastos, IV, 133-155
  2. ↑ Staples, Ariadne (2012). From Good Goddess to vestal virgins: sex and category in Roman religion. Londres: Routletge. pp. 105–109. ISBN 9780415518949.