Tubilustrium
| Tubilustrium | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||

O tubilustrium ou tubulustrium era unha cerimonia relixiosa e festiva na antiga Roma, que se celebraba no mes de marzo co obxectivo de poñer a punto as armas en caso de guerra. O ritual implicaba facer soar trompetas sagradas chamadas tubae.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Desde tempos antigos propúxose que esta palabra derivaba da unión das palabras tuba (''trompeta sagrada'') e o verbo lustro ("purificar"). Johannes Quasten sinalou que a palabra tubi non pode ser a mesma da que deriva o nome deste festival, mentres que tuba era propiamente o instrumento con funcións militares. Segundo el, os tubi eran instrumentos que só se facían soar para indicar que se estaba a realizar un sacrificio, pero neste caso os instrumentos tocábanse para purificar as armas do exército romano[1]. Tamén se propuxo que non se trataba de purificar, senón de facer ruído para axudar a morrer a lúa minguante.
Descrición
[editar | editar a fonte]O tubilustrium celebrábase xeralmente o último día das Quinquatria, que coincidía xeralmente co 23 de marzo. Este era o mes dedicado ao deus da guerra, Marte, a quen se lle dedicaban outros rituais como Armilustrium e as Equirria. O tubilustrium tamén estaba dedicado á deusa Minerva[2].
A cerimonia facíase nun edificio chamado atrium sutorium[3][4], sobre o que se dispón de pouca información, pero que se cre que estaba relacionado co gremio de zapateiros e, polo tanto, é probábel que estivese situado no Argilentum[5]. Facíanse soar os instrumentos sagrados, os sacerdotes sacrificaban un año e despois os salios facían un percorrido polas rúas interpretando unha danza sagrada.
Outra cerimonia do Tubilustrium celebrábase o 23 de outubro, ao final da tempada bélica[6].
Desaparición da festa
[editar | editar a fonte]Despois doa no -450, o Tubilustrium deixou de aparecer no calendario romano porque fixeron unha reforma para inserir o mes bisesto, febreiro, pero vai aparecer marcado como "QRCF" (Quando Rex Comitiauit Fas, "cando a autoridade o permita"). Nos séculos seguintes o Tubilustrium perdeu importancia debido á falta de conexión directa co calendario lunar, para finalmente ser percibido oficialmente só cos días QRCF, aínda que a antiga palabra aínda era usada polo pobo[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. Quasten, Music & Worship in Pagan & Christian Antiquity, 1883, p.6-7.
- ↑ J. Quasten, Music & Worship in Pagan & Christian Antiquity, 1883, p.8.
- ↑ Marco Terencio Varrón. De lingua latina, VI, 14.
- ↑ Sexto Pompeio Festo "de Verborum Significatione", 352.
- ↑ Samuel Ball Platner, Thomas Ashby (1929). "A Topographical Dictionary of Ancient Rome"]. ed. Oxford University Press. p. 60.
- ↑ Howard Hayes Scullard (1981). "Festivals and Ceremonies of the Roman Republic". ed. Cornell University Press. p. 195.
- ↑ Jörg Rüpke (1995). Kalender und Öffentlichkeit: Die Geschichte der Repräsentation und religiösen Qualifikation von Zeit in Rom". Berlín: ed. Gruyter. ISBN 3-11-014514-6.