Quirinais
| Quirinais | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
As Quirinais ou Quirinalia eran unhas festas que se celebraban na Antiga Roma o décimo terceiro día antes das calendas de marzo, é dicir o 17 de febreiro, dedicadas a un dos deuses romanos máis antigos, Quirino. As festas foron instituídas por Numa Pompilio[1][2].
Estas festas escapábanse, dalgún modo, da xurisdición da curia, é dicir, baixo o ordenamento dos clans ou gentes, de todos os cidadáns, dándolles a oportunidade de configurarse como tales, e non como membros dunha única curia. Este desenvolvemento formou parte do proceso que conduciu gradualmente aos romanos das asembleas curiais (comitia curiata) ás asembleas populares (comitia tributa), que se expresaba ao basear a nova realidade en nome do deus Quirino, protector do pobo[3][4].
No día dedicado a este deus permitíase celebrar o rito do primeiro tostado do gran de cereais para aqueles que non o fixeran anteriormente, o día prescrito pola súa curia. Cada curia prescribía o día en que se debía facer. Desta maneira, os que por algunha circunstancia, xa sexa por neglixencia ou pola súa propia vontade contraviñeses a orde curial (cualificados como tolos pola propia orde) podían remedialo no plano relixioso refuxiándose no deus Quirino[5].
A festa tamén se chamaba "Festa dos tolos (ou parvos)" (stultorum feriae), que se celebraba o último día das festas Fornacais, e que sería transformada co tempo nos entroidos cristiáns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sabbatucci, Dario (1988). Il Saggiatore, ed. La religione di Roma antica: dal calendario festivo all'ordine cosmico (en italiano). p. 63-64, 231. ISBN 8804309547.
- ↑ Palmer, Robert E. A. (2009). Cambridge University Press, ed. The Archaic Community of the Romans (en inglés). p. 161. ISBN 052112476X.
- ↑ Coarelli, Filippo (1997). Quasar, ed. Il Campo Marzio: dalle origini alla fine della Repubblica (en italiano). p. 49-53. ISBN 8871401069.
- ↑ Raaflaub, Kurt A. (2005). Wiley-Blackwell, ed. Social struggles in archaic Rome: new perspectives on the conflict of the orders (en inglés). p. 109. ISBN 1405100613.
- ↑ Vaccai, Giulio (1927). Fratelli Bocca Editori, ed. Le feste di Roma antica: miti, riti, costumi (en italiano). p. 221.