Volans ou Peixe voador,[1] é unha constelación que só se pode ver, practicamente, dende lugares localizados no hemisferio sur terrestre (a excepción dalgúns lugares no hemisferio norte, próximos ó ecuador). Esta foi unha das creacións dos navegantes neerlandesesPieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos 1595 e 1597. Apareceu por primeira vez nos mapas estelares preparados polo astrónomoalemánJohann Bayer publicados na Uranometria de (1603).
Volans é unha das poucas constelacións onde á súa estrela máis brillante non se lle asignou a primeira letra do abecedario grego. Nesta, a máis brillante é Beta (β) Volantis, con magnitude de 3,77. Alfa (α) Volantis é tan só a quinta en magnitude (4,00).