Saltar ao contido

Osa Menor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Osa Menor
 Nome curto
    UMi (la) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Kleiner Bär (de)
Малая Медведица (ru)
Mała Niedźwiedzica (pl)
Kleine Beer (nl)
Little Bear (en)
Ossa Menor (ca) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Ursa Minor (la) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Comparte fronteira con
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Superficie
   256 °² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/07t80 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 160948
Wikidata G:Commons C:Commons

Osa Menor[1][2], Carriño ou Carro Pequeno[3], é unha das constelacións máis coñecidas do hemisferio norte. Consta de sete estrelas coa forma de carro; catro delas formarían o que sería a parte fonda do carro e as outras tres serían o que sería o mastro do carro.

O elemento máis coñecido da Osa Menor é a estrela Polar, a cal atópase na prolongación do eixe da Terra, de modo que está fixa no ceo e sinala o Polo Norte xeográfico, polo que ten sido empregada polos navegantes coma punto de referencia na súas viaxes. Á parte da estrela Polar, a Osa Menor carece de elementos de interese para o afeccionado á astronomía.

Dada a súa situación, a Osa Menor só pode verse no hemisferio norte, pero a cambio, nese hemisferio pódese ver todo o ano. Xunto coa súa compañeira a Osa Maior, é un dos elementos máis característicos do firmamento do hemisferio norte.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía grega hai varias versións sobre a orixe da Osa Menor. Nunha delas sería Fénice, transformada en osa por Artemisa tras ser seducida por Zeus. Este relato é moi semellante ó de Calisto, que foi catasterizada na Osa Maior e por isto algúns autores cren que orixinalmente debeu existir un relato con dous catasterismos dun mesmo personaxe (Zeus convertería a Calisto na Osa Maior e posteriormente Artemisa convertería a Calisto na Osa Menor).

Noutra versión dise que se trataba de Cinosura, ama de Zeus e ninfa do monte Ida.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]

Obxectos Notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Oso". Real Academia Galega. Consultado o 26 de novembro de 2016.
  2. ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016.
  3. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carriño.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]