Saltar ao contido

Coroa Boreal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coroa Boreal
 Nome curto
    CrB (la) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Corona Borealis (la) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Comparte fronteira con
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Superficie
   179 °² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01wsp Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 105975
Wikidata G:Commons C:Commons

Corona Borealis ou Coroa Boreal[1] é unha pequena constelación boreal. As súas principais estrelas forman un arco semicircular. Esta é unha das 88 constelacións modernas, e foi tamén unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo, quen referiu á constelación coma Coroa. A palabra Borealis foi engadida despois, en contraste coa Corona Australis, a Coroa Austral.

Non ten estrelas de primeira magnitude. A súa estrela máis brillante, α CrB (Alphecca, tamén coñecida coma Gemma) ten unha magnitude de 2,2 (lixeiramente variable) e é considerada membro difuso da asociación estelar da Ursa Major. A constelación contén moitas estrelas variables interesantes: dúas das máis coñecidas son R Coronae Borealis e T Coronae Borealis.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]

Outras estrelas notables

[editar | editar a fonte]

Obxectos Notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]

Corona Borealis non contén obxectos do espazo profundo brillantes. Abell 2065 é un cúmulo de galaxias que contén cerca de 400 membros, o máis brillante deles é de magnitude 16.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]
Corona Borealis e Bootes.

Na mitoloxía grega a coroa pertence a Ariadna, filla do rei de Minos. Ariadna non quería acepta-la proposta de matrimonio de Dioniso, que tiña forma mortal, pois non quería casar cun humano despois de ser abandonada por Teseo. Para probar que era un deus, Dionisio quitouse a coroa e lanzouna ó ceo. Ariadna, compracida, casou con el e tornou inmortal.

Outra lenda di que Dionisio agasallou a Ariadna unha coroa coma presente de vodas. Cando ela morreu, o deus lanzou a coroa ó ceo onde ficou coma constelación. Posteriormente Ariadna foi divinizada por Zeus.

  1. ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]