Virgo ou Virxe[1] (símbolo , Unicode ♍) é unha constelación do zodíaco. Atópase entre Leo ó oeste e Libra ó leste, e é unha das constelacións máis grandes visibles no ceo. É facilmente identificable pola súa estrela α, Spica, "a espiga" dos agricultores medievais.
γ Virginis (Porrima), a segunda máis brillante con magnitude 2,74 é tamén unha estrela binaria con ambas estrelas brancas practicamente iguais. É fácil de ver cun telescopio.
Galaxias elípticas M59 e M60, ó leste de M58. M60 ten unha acompañante (NGC 4647) situada ao norte.
A espectacular galaxia do Sombreiro (M104), de magnitude 8, coa súa franxa escura no ecuador, en realidade non pertence ao Cúmulo de Virgo. É invisible a simple vista pero facilmente recoñecible con pequenos telescopios.
No centro do Cúmulo de Virgo, dúas galaxias lenticulares, M84 e M86, separadas 17 arcmin.
Na mitoloxía é a representación de Dice, filla de Zeus e Temis, deusa da xustiza para os homes. Naceu mortal e foi posta na terra para administrar xustiza e orde. Viviu cos mortais durante a Idade de Ouro e a Idade de Prata, pero cando naceu a Raza de Bronce, á que detestaba, deixou a terra e subiu ó ceo, onde se estableceu a carón da constelación Boötes. Era unha das tres Horas ou Titánides e a máis notable entre as deusas virxes.
Noutra versión dicíase que se trataba de Erígone, filla de Icario. Outras versións identificaban esta constelación con Deméter, Isis, Atárgatis (un dos nomes de Derceto) e Tique.