Compitais
| Compitais | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Na antiga Roma, as festas compitais (en latín Compitalia) eran festas que se celebraban entre o 3 e o de xaneiro[1] na encrucillada das rúas en honra aos deuses lares compitales. Estes eran compitales eran as divindades que presidían as encrucilladas (compitum, en latín) e cuxas estatuas eran coroadas de flores dúas veces ao ano.
Nas festas compitais, os escravos eran os ministros principais gozando en semellantes días plenamente da súa liberdade. Dionisio de Halicarnaso di que foron instituídas polo rei Servio Tulio.
Compitalia (en latín Compitalia e Ludi Compitalicii) era un festival romano que se celebraba unha vez ao ano na honra dos Lares compitales, aos que se facían sacrificios nos lugares onde chegaban dúas ou máis rúas ou camiños.
Historia da festa
[editar | editar a fonte]Dionisio de Halicarnaso explica como se facía o festival no seu tempo. Relata que se ofrecían sacrificios, que consistían en pasteis de mel (πέλανοι), presentados polos habitantes de cada casa, e que as persoas que asistían como serventes na festa non eran homes libres, senón escravos, xa que os Lares se compracían co servizo dos escravos. Engade que as Compitalia se celebraban poucos días despois das Saturnais con gran esplendor e que os escravos tiñas plena liberdade de facer o que quixesen. Despois de desaparecer por un tempo, Tarquinio o Soberbio restaurou a festa, e sacrificou mozos a Mania, a nai dos Lares e dos manes, práctica que rematou cando caeu a monarquía. Despois da expulsión dos Tarquinios, ofrecíanse a Mania cabezas de allo e papoulas en lugar de cabezas humanas.
A Compitalia facíase o día que fixaban os maxistrados e sacerdotes, pero sempre era en inverno. Cicerón di que xeralmente se facían nas calendas de xaneiro, despois da Saturnalia, i Tito Pomponio Ático di que por veces se facían despois das nonas de xaneiro. As persoas que presidían a festa eran os magistri vicorum, segundo di Tito Livio, xa que as festas se celebraban por vicus. Aos magistri permitíaselles portar naquela ocasión a toga praetexta. Axudábanos diversos serventes. Nesta festa engadíanselle uns xogos públicos nalgún momento do período republicano, pero suprimíronse por orde do senado o ano -64. Un dos cargos presentados por Cicerón contra Pisón foi porque permitiu que Publio Clodio Pulcro os volvese a celebrar no seu consulado, o ano -58. A festa continuouse celebrando aínda, malia que os xogos foron abolidos. Cando Xulio César disolveu a maior parte dos colexios sacerdotais, a Compitalia deixouse de celebrar. Augusto restaurou a festa sobre unha base completamente nova, non reviviu os colexios, senón que asignou o cargo a un conxunto recentemente constituído de magistri vicorum. Estes eran catro, por cada un dos 265 vici incluídos na nova división da cidade. O primeiro conxunto entrou no cargo o 1 de agosto do ano -7. Ao dos Lares compitales engadiuse agora o culto ao genius Augusti, e a festa celebrábase dúas veces ao ano, o 1 de maio e o 1 de agosto[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En orixe era unha festa móbil (feriae conceptivae), celebrada nalgún momento entre as Saturnalia (17 de decembro) e o 5 de xaneiro.
- ↑ Smith, William (ed.). "Compitalia". A Dictionary of Greek and Roman Antiquities (1890). Consultado o 7 de maio de 2022.