Saltar ao contido

Venera 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Venera 1
 Nome orixinal
    Венера-1 (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
12 de febreiro de 1961 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
 País
Cifras e dimensións
 Masa
6.424 kg engalaxe
643,5 kg peso seco Editar o valor en Wikidata
 Duración
   604.800 s Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   0,718 au Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   1,019 au Editar o valor en Wikidata
 Excentricidade orbital
   0,173 Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   0,58 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   311 d Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0l40h Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Venera 1 foi unha sonda espacial da Unión Soviética lanzada o 12 de febreiro de 1961 mediante un foguete Molniya desde o cosmódromo de Baikonur para a exploración de Venus. Foi a primeira sonda espacial en ser enviada a explorar outro planeta.[1][2][3][4][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Venera 1 tiña unha masa duns 644 kg e estaba formada por un cilindro cunha semiesfera nun dos extremos, todo cunha altura total de 2,035 m e un diámetro de 1,050 m. Acaroados ao corpo principal había dous paneis solares cunha superficie total de 2 m2. As comunicacións tiñan lugar mediante unha antena de alta ganancia de 2 m de diámetro acaroada ao corpo cilíndrico e que podía transmitir en lonxitudes de onda de 8 e 32 cm. A sonda tamén dispoñía dunha antena omnidireccional de 2,4 m de longo para transmisións de 1,6 m de lonxitude de onda e unha antena en forma de T para transmisións a 922,8 MHz. A semiesfera estaba presurizada a 1,2 atmosferas e contiña unha medalla da Unión Soviética e a electrónica de control. A sonda levaba tamén un motor KDU-414, alimentado por ácido nítrico e UDMH, para correccións de traxectoria. A sonda tiña que manterse a 30 °C, o que se conseguía mediante controis térmicos en forma de persianas. Para o control de actitude usábanse propulsores de nitróxeno en función da posición calculada mediante sensores solares e estelares e xiroscopios. O plan era estrelar a sonda en Venus mentres recollía datos científicos durante o camiño e antes da entrada atmosférica.[1][2][3][4][5][6]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

A sonda de transporte levaba os seguintes instrumentos a bordo[6]:

Desenvolvemento da misión

[editar | editar a fonte]

A Venera 1 engalou o 12 de febreiro de 1961 a bordo dun foguete Molniya xunto cunha plataforma de lanzamento orbital coa que quedou nunha órbita terrestre de 229 x 282 km e unha inclinación orbital de 65,7°. A etapa propulsora acendeuse máis tarde, poñendo a Venera 1 en camiño cara Venus. Durante os días seguintes tiveron lugar dúas sesións de comunicación, unha a 126 000 km da Terra o 12 de febreiro e outra a 488 900 km o 13 de febreiro. Despois a sonda programouse para comunicarse cada cinco días. Unha sesión máis tivo lugar o 17 de febreiro, a 1,89 millóns de km da Terra, coa sonda funcionando normalmente e os instrumentos científicos devolvendo datos. Nas seguintes sesións xa non se conseguiu obter datos útiles e na sesión do 4 de marzo, coa sonda a 7,5 millóns de km, as comunicacións fallaron completamente e xa non se conseguiron retomar, co que o motor de corrección de traxectoria non se puido acender. Entre o 19 e o 20 de maio, a Venera 1 pasou a uns 100 000 km de Venus e entrou nunha órbita heliocéntrica.[1][2][3][4][5][6]

  1. 1 2 3 N2YO (2025). Real Time Satellite Tracking, ed. "VENERA 1" (en inglés). Consultado o 14 de setembro de 2025.
  2. 1 2 3 NASA (28 de outubro de 2022). "Venera 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2025. Consultado o 14 de setembro de 2025.
  3. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2025). Gunter's Space Page, ed. "Venera 1VA" (en inglés). Consultado o 14 de setembro de 2025.
  4. 1 2 3 Mark Wade (2025). "Venera 1VA" (en inglés). Consultado o 14 de setembro de 2025.
  5. 1 2 3 "Letter dated 24 March 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Acting Secretary-General" (PDF) (62-06233). 24 de marzo de 1962: 6. Consultado o 14 de setembro de 2025.
  6. 1 2 3 4 Don P. Mitchell (2003). "Inventing The Interplanetary Probe" (en inglés). Consultado o 14 de setembro de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]