Thurston Moore
(2024) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Thurston Joseph Moore 25 de xullo de 1958 Coral Gables |
| Educación | Bethel High School (en) Western Connecticut State University (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | guitarrista, actor de televisión, músico de jazz, actor de cinema, actor de dobraxe, músico, artista de instalacións, cantautor, cantante, saxofonista, compositor, pianista, músico de rock |
| Período de actividade | 1980 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música rock, rock alternativo, rock experimental, noise rock, No Wave, música noise, música vangardista, indie rock e jazz |
| Instrumento | Guitarra, voz e baixo |
| Selo discográfico | Ecstatic Peace! Virgin Music |
| Familia | |
| Cónxuxe | Eva Prinz (2020–) Kim Gordon (1984–2013) |
| Fillos | Coco Gordon Moore ( |
| Sitio web | thurstonmoore.com |
Thurston Joseph Moore, nado o 25 de xullo de 1958 en Coral Gables (Florida), é un músico estadounidense coñecido por ser o cantante e guitarrista da banda de rock alternativo Sonic Youth. Colaborou tamén cun feixe de artistas fóra de Sonic Youth, ten tres discos en solitario e en 1981 fundou o selo discográfico Ecstatic Peace!.
Moore naceu en Coral Gables, Florida e trasladouse a Bethel, Connecticut. A pesar de estar matriculado na Western Connecticut State University, optou por mudarse a Nova York. Alí aprendeu a tocar a guitarra para Glenn Branca e pouco despois co-fundou Sonic Youth, actuando como guitarrista e vocalista.
En 1985 casou coa baixista e vocalista de Sonic Youth Kim Gordon, coa cal ten unha filla, Coco Hayley Gordon Moore. O 14 de outubro de 2011 a parella anunciaría a súa separación. Thurston é coñecido por tocar guitarras Fender Jazzmaster á parte doutros modelos de Fender, como a Mustang e a Jaguar.
No ano 2004 a revista Rolling Stone elixiu a Moore e ao seu compañeiro en Sonic Youth Lee Ranaldo o 34 e 33 mellores guitarristas de todos os temas respectivamente[1].
No ano 2012, Moore creou unha nova banda chamada Chelsea Light Moving, que publicou o seu autotitulado álbum de estrea o día 5 de marzo do 2013 a través do selo Matador Records.
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Moore naceu o 25 de xullo de 1958 en Coral Gables, Florida. Os seus pais eran George E. Moore, profesor de música, e Eleanor Nann Moore. En 1967 toda a familia mudouse a Bethel, Connecticut.[2] Criado na relixión católica, asistiu á escola St. Joseph's en Danbury, Connecticut, seguida da escola St. Mary's en Bethel e asistiu ao instituto Bethel de 1973 a 1976. No verán de 1963, experimentou o seu primeiro contacto coa música rock grazas a que o seu irmán lle trouxo a casa o disco "Louie Louie" e lle comprou a súa primeira guitarra eléctrica.[3]
A pesar de matricularse na Western Connecticut State University no outono de 1976, deixouna tras un semestre e mudouse a cidade de Nova York para unirse ás crecente escena post-punk/no wave.[4][5] Foi alí onde puido ver espectáculos de artistas como Patti Smith e actuacións de spoken word de William S. Burroughs.[6] Naquel momento, a chegada de novos grupos cambiou a súa visión da música e todos os seus discos "quedaron como gardados no soto. E foron suplantados por [...] os Sex Pistols, Blondie, Talking Heads e Siouxsie and the Banshees. Era un mundo completamente novo, unha nova identidade musical que era unha opción para a cultura xuvenil".[7] En 1980 mudouse con Kim Gordon a un apartamento no número 84 da rúa Eldridge, debaixo do artista Dan Graham, e acabou facendo amizade con el, e ás veces usaba discos da colección de Graham para mesturas en cintas.[8]
Na cidade, Moore foi membro durante pouco tempo da banda de hardcore punk Even Worse, que contaba co futuro editor de The Big Takeover, e tamén futuro batería de Springhouse, Jack Rabid. Despois de saír do grupo, Moore e Lee Ranaldo aprenderon técnicas experimentais de guitarra nas "orquestras" de Glenn Branca.[9] Moore falou sobre as influencias nos seus gustos musicais nesa época, incluíndo as bandas británicas Wire, The Pop Group, The Raincoats, The Slits e Public Image Ltd ("Nos anos 70 tiña estas fantasías sobre deixar Nova York e vir a Londres para pasar o rato con Public Image").[10]
Sonic Youth
[editar | editar a fonte]Moore coñeceu a Kim Gordon en 1980 no último concerto de The Coachmen, a banda na que estaba xunto con J.D. King, Daniel Walworth (substituído por Dave Keay) e Bob Pullin. Moore, xunto con Gordon, Anne Demarinis e Dave Keay, formou unha banda que actuou baixo nomes como Male Bonding, Red Milk, e The Arcadians, antes de decidirse pola elección de Moore de Sonic Youth xusto antes de xuño de 1981.[11] A banda tocou no Noise Fest en xuño de 1981 na galería White Columns de Nova York, onde Lee Ranaldo tocaba como membro do conxunto de guitarras eléctricas de Glenn Branca, así como en dúo con David Linton como Avoidance Behavior.[12] Moore convidou a Ranaldo, a quen coñecera cando os Coachmen compartían un escenario do CBGB coa banda de Ranaldo dos anos 70, The Flux, a unirse á banda. O novo trío tocou tres cancións no festival máis tarde esa mesma semana sen batería.[13] Cada membro da banda alternábase tocando a batería, ata que coñeceron ao batería Richard Edson.[14]
A banda asinou co selo Neutral Records, onde editaron os dous primeiros traballos, posteriormente con Homestead Records por un único disco, e finalmente con SST Records.
Moore e Ranaldo fan un extensivo uso de afinacións de guitarra infrecuentes, acotío modificando considerablemente os seus instrumentos para conseguir distintos sons. Son coñecidos por levar un número considerable de guitarras a cada concerto (superando as 30), usando algunhas delas para unha única canción.
Traballo en solitario
[editar | editar a fonte]Á parte do seu traballo en Sonic Youth, Moore tamén editou álbums en solitario, o primeiro deles titulado Psychic Hearts e lanzado no ano 1995. Colaborou ademais con varios artistas como My Cat is an Alien, DJ Spooky, Nels Cline, William Hooker, Christian Marclay, Loren Mazzacane Connors, R.E.M., Cock E.S.P., e Mike Watt. A mediados dos 90 Moore formou un proxecto paralelo, The Dim Stars, coa lenda do punk Richard Hell. Dende o 2004, Moore gravou e actuou coa banda de noise To Live and Shave in L.A., que tiña a Andrew W.K. na súa formación. Gravou coa banda no antigo estudio de Sonic Youth en Manhattan, e posteriormente actuou con eles no concerto Noise Against Fascism contra Bush, en Washington, D.C.
No 2004 a revista Rolling Stone clasificou a Moore e a Lee Ranaldo, tamén de Sonic Youth, como os 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos. A súa forma de tocar é moi innovadora e ámbolos dous usan unha gran variedade de técnicas.
Á parte do seu traballo como músico Moore leva o selo independente Ecstatic Peace! e colabora na revista musical Arthur Magazine. Tamén se encarga da web Protest Records, chamada así porque denuncia as leis de piratería na música. En maio do 2005 editou o libro Mix Tape: The Art of Cassette Culture.
O 18 de setembro do 2007 Moore editou o seu segundo álbum en solitario, Trees Outside the Academy, a través do seu propio selo Ecstatic Peace!. O traballo foi gravado no estudio do líder de Dinosaur Jr. J Mascis en Amherst, Massachusetts.
En maio do ano 2011 publicouse o seu terceiro álbum en solitario, Demolished Thoughts, que foi producido por Beck e editado a través do selo Matador Records.
O 14 de outubro do 2011 Kim Gordon e Thurston Moore anunciaban a súa separación despois de 27 anos de matrimonio a través de Matador[15].
En 2012 Moore e Kim Gordon lanzaron un álbum colaborativo con Yoko Ono titulado Yokokimthurston.[16] Tamén ese ano, Moore uniuse ao supergrupo de black metal Twilight.[17] Despois formou unha nova banda chamada Chelsea Light Moving. O seu primeiro tema, "Burroughs", foi lanzado como descarga gratuíta.[18] O seu álbum de estrea homónimo saíu en 2013. O lanzamento coincidiu co Festival SXSW, onde fixeron numerosas aparicións, incluíndo un concerto gratuíto na tenda de bicicletas Mellow Johnny's. Tocou a guitarra en "This Town Ain't Big Enough for Both of Us" xunto a Ron e Russell Mael nun concerto de Sparks en 2013 no Union Chapel, Islington, Londres. En 2014, Moore lanzou The Best Day, un álbum en solitario con Steve Shelley e Debbie Googe de My Bloody Valentine como sección rítmica, e James Sedwards na guitarra.[19]
En 2018 Moore presentou no Barbican Centre de Londres a súa obra Galaxies, un conxunto experimental de guitarras de 12 cordas. Entre a orquestra de doce persoas estaban Deb Googe, Jonah Falco, Ray Aggs ou Joseph Coward.[20] En 2019 Moore lanzou Spirit Counsel, unha caixa de tres discos de rock vangardista.[21][22] A primeira canción, "Alice Moki Jayne", é un tema de 63 minutos de duración que leva o nome das esposas de John Coltrane, Don Cherry e Ornette Coleman.[22] "8 Spring Street", de 28 minutos de duración, leva o nome do antigo enderezo de Glenn Branca.[22] A canción final de 55 minutos, "Galaxies (Sky)", inspirouse nun poema de Sun Ra.[22]
En 2020 Moore lanzou un álbum en solitario titulado By the Fire, no que participaron o guitarrista James Sedwards e a baixista Debbie Googe, como no álbum anterior The Best Day.[23] En 2021 Moore lanzou por sorpresa un álbum instrumental titulado Screen Time.[24]
Moore é produtor executivo da ópera de metal industrial Black Lodge de David T. Little e Anne Waldman con Timur and the Dime Museum, publicada en 2023 a través do selo Cantaloupe Music.[25]
O seu álbum máis recente, Flow Critical Lucidity, foi lanzado o 20 de setembro de 2024.[26]

Equipamento
[editar | editar a fonte]Moore é coñecido por usar unha gran variedade de guitarras Fender durante os seus concertos. Principalmente toca a Jazzmaster con varios tipos de amplificadores entre os que destacan Vox AC30, Peaveys e Fenders. Tamén usa, con menos frecuencia, unha Jaguar e unha moi modificada Mustang con tres pastillas sinxelas.
Tanto Lee Ranaldo coma Moore, ao igual que Elvis Costello, J Mascis e Kevin Shields son recoñecidos como figuras claves na resurrección e popularización da Fender Jazzmaster. Fender sacou ao mercado no ano 2009 unhas signature edition desta guitarra dos dous guitarrista de Sonic Youth. A de Ranaldo é un modelo azul con dúas pastillas dobres Fender Wide Range, e a de Moore ten dúas pastillas sinxelas Seymour Duncan Antiquity II Jazzmaster e é de cor verde.
Discografía en solitario seleccionada
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Psychic Hearts | 1995 | Geffen Records |
| Trees Outside the Academy | 2007 | Ecstatic Peace! |
| Demolished Thoughts | 2011 | Matador Records |
| The Best Day | 2014 | Matador Records[27] |
| Rock n Roll Consciousness | 2017 | Caroline |
| By the Fire | 2020 | Cargo Records |
| Screen Time | 2021 | Southern Lord |
| Flow Critical Lucidity | 2024 | Daydream Library Series |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.rollingstone.com/music/lists/100-greatest-guitarists-of-all-time-19691231/thurston-moore-19691231
- ↑ Dixon, Ken (26 de abril de 2007). "Music Hall of Fame proposed for state". Connecticut Post. Bridgeport, Connecticut: Hearst Newspapers
- ↑ O’Hagan, Sean (2023-10-22). "‘The band, the scene… I put it all in there’: Sonic Youth’s Thurston Moore on his memoir of a rock’n’roll life". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-12-27.
- ↑ Azerrad, Michael (2001). Our Band Could Be Your Life. New York City: Little, Brown, and Company. ISBN 978-0316787536
- ↑ Grow, Kory (2014-09-11). "Thurston Moore's New Day: Inside His Upbeat Rock & Roll LP". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2025-12-27.
- ↑ Perry, Kevin EG (2014-02-05). "William Burroughs at 100: Thurston Moore on seeing him watch Patti Smith at CBGB, his response to Kurt Cobain’s suicide and ‘cut-up’ songwriting". Kevin EG Perry: Collected Works (en inglés). Consultado o 2025-12-27.
- ↑ "“The Flesh and Bones of Your Fingers Against the Instrument”: A Conversation With Thurston Moore". TIDAL Magazine (en inglés). Consultado o 2026-01-08.
- ↑ "‘H/C’ by Thurston Moore". www.joyfulnoiserecordings.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 2026-01-08.
- ↑ Azerrad, Michael (2001). Our Band Could Be Your Life. New York City: Little, Brown, and Company. ISBN 978-0316787536
- ↑ "Thurston Moore onstage interview (2)" (en inglés). Consultado o 2026-01-08.
- ↑ Browne, David (2008). Goodbye 20th Century: A Biography of Sonic Youth. Da Capo Press
- ↑ Foerge, Alec (1994). Confusion is Next. Londres: Macmillan Publishers. p. 66. ISBN 978-0312113698
- ↑ "11 Facts You Probably Didn't Know About Sonic Youth". Diffuser.fm (en inglés). 2015-08-18. Consultado o 2026-01-08.
- ↑ "Richard Edson by Lynn Geller". BOMB Magazine (en inglés). Consultado o 2026-01-08.
- ↑ Spin - Kim Gordon and Thurston Moore Announce Split
- ↑ Young, Alex (2012-06-20). "Yoko Ono, Thurston Moore, and Kim Gordon team up for collaborative album". Consequence (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- ↑ Pelly, Jenn (2014-01-15). "Twilight, Black Metal Supergroup Featuring Thurston Moore, Announce Album, Share Track, Break Up". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- ↑ "Thurston Moore starts new band". The Line of Best Fit (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- ↑ Young, Alex (2014-08-04). "Thurston Moore forms new band with Sonic Youth's Steve Shelley and MBV's Debbie Googe". Consequence (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- ↑ "GALAXIES, by Thurston Moore". Thurston Moore (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- ↑ Cush, Andy (2019-05-16). "Thurston Moore Group Announces New Album Spirit Counsel". SPIN (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- 1 2 3 4 Berman, Stuart. "Thurston Moore: Spirit Counsel". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- ↑ Berman, Stuart. "Thurston Moore: By the Fire". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2026-03-10.
- ↑ Blistein, Jon (2021-02-05). "Thurston Moore Surprise-Releases New Instrumental Album, 'Screen Time'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2026-03-10.
- ↑ "Black Lodge". Cantaloupe Music. Consultado o 20 de marzo de 2026.
- ↑ Strauss, Matthew (2024-06-20). "Thurston Moore Announces Album, Shares New Song Featuring Stereolab’s Laetitia Sadier". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2026-03-20.
- ↑ Thurston Moore: The Best Day