Saltar ao contido

Segunda División RFEF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaSegunda División RFEF
Editar o valor en Wikidata
Tipoliga de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor en Wikidata
Parte deLigas de fútbol de España Editar o valor en Wikidata
Liga superiorSegunda División Española Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorTerceira División Española, Q5857037 Traducir, Q6142264 Traducir, Third Division of Spain - Group VIII (en) Traducir, Q13050266 Traducir, Q15919043 Traducir, Third Division of Spain - Group VI (en) Traducir, Q54810229 Traducir, Q60429725 Traducir e Q60487771 Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes90 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1977 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagosto – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos152 Editar o valor en Wikidata
Outro
Cobertura dos medios de comunicaciónETB 1
LaOtra (pt) Traducir
TvG2
TPA7
IB3 Televisió
La 7 Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialrfef.es… Editar o valor en Wikidata

Encontro de liga da segunda división B 2016/17 no Estadio de Pasarón entre o Pontevedra CF e o Racing de Santander.

A Segunda Federación de España é a cuarta categoría do sistema de ligas de fútbol do país. Foi introducida en 1977 co nome de Segunda División B e funcionou como terceira categoría (entre a Segunda División e a Terceira División) durante 44 anos,[1] ata que a introdución en 2021 da nova Primeira División RFEF (hoxe Primeira Federación) alterou a xerarquía das categorías do fútbol español.

A partir da tempada 2021/22, a Segunda B converteuse na cuarta categoría e cambiou a súa denominación, pasando a chamarse inicialmente Segunda División RFEF, e dende a tempada 2022/23, Segunda Federación.[2][3] Durante as súas dúas primeiras edicións mantivo a nomenclatura Segunda División B incluída como parte do nome oficial, referencia que foi eliminada definitivamente a partir da tempada 2023/24.[2][4][5]

A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. O seu status é semiprofesional e, a pesar de non estar integrada na Liga de Fútbol Profesional, gran parte dos seus clubs contan cunha organización de carácter profesional.

1ª etapa como terceira categoría

[editar | editar a fonte]

A Segunda División B introduciuse na tempada 1977/78 como unha categoría intermedia entre a Segunda e a Terceira división. Inicialmente estaba formada por dous grupos de 20 equipos e ao termo da tempada, o campión e subcampión de cada grupo ascendían directamente á categoría de prata, mentres que os tres últimos clasificados de cada grupo eran relegados de categoría.

Na tempada 1985/86, con motivo da redución da Segunda División, só ascenderon os dous campións, mentres que os 13 últimos clasificados de cada grupo descenderon a Terceira.[6][7] Así, na tempada 1986/87, de forma transitoria, a Segunda B estivo formada por un grupo único de 22 equipos. Ascenderon catro equipos a Segunda, da que non houbo descensos -pola ampliación da categoría de prata de 18 a 20 equipos- e, de igual modo, esa tempada non houbo descensos a Terceira división, xa que para a seguinte campaña a Segunda B ampliouse a 80 equipos, repartidos en catro grupos de 20. A partir da tempada 1987/88, os campións dos catro grupos eran os que ascendían a Segunda, mentres que os catro últimos de cada grupo perdían a categoría, xunto co 16º clasificado con menos puntos dos catro grupos.[6]

Este sistema mantívose ata a tempada 1990/91, na que desapareceron os ascensos directos de Segunda B a Segunda e introduciuse unha promoción na que participaban os catro primeiros clasificados de cada grupo. Estes 16 equipos repartíanse en catro liguiñas de catro equipos, de tal modo que en cada liguiña figurasen un primeiro, un segundo, un terceiro e un cuarto de cada grupo de liga regular. Os campións destas liguiñas eran os que obtiñan o ascenso a Segunda.

Para a tempada 1993/94 introduciuse unha promoción de permanencia, disputada entre os décimo sextos clasificados dos catro grupos. O perdedor desta promoción, xogada por eliminación directa, descendía á Terceira División xunto cos catro últimos clasificados de cada grupo.[8]

Na tempada 2004/05 modificouse novamente a promoción de ascenso, e o sistema de liguiñas foi substituído por un play-off no que os 16 equipos aspirantes ao ascenso se enfrontaban por eliminación directa, en dúas roldas -semifinais e final- para decidir os catro equipos promovidos a Segunda.

Na tempada 2008/09 modificouse de novo o sistema de ascensos e descensos. Creouse unha rolda de campións, na que se enfrontaban os catro campións. Os vencedores desas eliminatorias, lograban o ascenso a Segunda (e enfrontábanse entre si para determinar que equipo era o campión absoluto da Segunda B). Os perdedores xogaban dúas eliminatorias máis, contra segundos, terceiros e cuartos, que antes xa xogaran entre si unha eliminatoria. Os vencedores destas dúas eliminatorias, lograban o ascenso a Segunda.[9]

2ª etapa como cuarta categoría

[editar | editar a fonte]

En 2020 a Real Federación Española de Fútbol anunciou unha reestruturación do sistema de ligas español, coa creación dunha nova categoría semiprofesional, a Primeira División RFEF, situada xusto por debaixo da Segunda División e por riba da Segunda DIvisión B. Esta, á súa vez, pasou a denominarse Segunda División RFEF, e dende a tempada 2022/23, Segunda Federación.[2][3] Durante as súas dúas primeiras edicións mantivo a nomenclatura Segunda División B incluída como parte do nome oficial, referencia que foi eliminada definitivamente a partir da tempada 2023/24.[2][4][5][10]

Coa súa redefinición como cuarta categoría, cambiou o seu formato de competición, pasando a estar composta dun total de 90 equipos, divididos en cinco grupos. Os cinco campións ascenden directamente á Primeira Federación, mentres que os clasificados do segundo ao quinto posto de cada grupo disputan unha fase de ascenso e os cinco últimos clasificados descenden á Terceira Federación.[5]

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]

A Segunda Federación está composta por 90 clubs divididos en cinco grupos de 18 equipos, emparellados por proximidade xeográfica. O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da liga. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro, e conclúe no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Os 18 equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario, o que suma un total de 34 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma ningún e, en caso dun empate, repártese un punto para cada equipo.

Efectos da clasificación

[editar | editar a fonte]
PostoClasificación
1ºAscenso directo a Primeira Federación
2ºPromoción de ascenso a Primeira Federación
3º
4º
5º
6º-13ºManteñen a categoría
14ºDescenso a Terceira Federación
15º
16º
17º
18º

Ascenso a Primeira Federación

[editar | editar a fonte]

Unha vez finalizada a tempada regular os cinco campións dos cinco grupos ascenden directamente á Primeira Federación, mentres que os equipos clasificados do segundo ao quinto lugar de cada grupo disputan a promoción de ascenso. Esta promoción consta de dúas roldas de eliminación directa, a dobre partido de ida e volta, das que saen os cinco equipos que acompañan aos cinco campións no ascenso de categoría.[5]

Descenso a Terceira Federación

[editar | editar a fonte]

Ao termo da tempada os cinco últimos clasificados de cada grupo descenden directamente a Terceira Federación. A estes 25 equipos súmanse dous máis, que saen dunha promoción pola permanencia que disputan os catro clasificados no 13º posto, con peor coeficiente de entre os cinco grupos. A promoción de permanencia dispútase por eliminación directa a dobre partido e os emparellamentos determínanse por sorteo puro. Os dous equipos derrotados perden a categoría, descendendo a Terceira.

Equipos filiais

[editar | editar a fonte]

Os equipos filiais poden participar en Segunda Federación se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior (Primeira, Segunda ou Primeira Federación). Os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división; por iso, se un equipo descende a Primeira Federación e o seu filial conquista o ascenso á mesma categoría, este quedará en Segunda Federación. Do mesmo xeito, un filial que se clasificou para a fase de ascenso a Primeira Federación non pode disputala se o primeiro equipo milita en devandita categoría. Neste caso, substitúeo o quinto clasificado do seu grupo. Isto non será así se o primeiro equipo milita en Primeira Federación pero ten opcións de ascender á Segunda División.[4]

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Tempada 2024/25

[editar | editar a fonte]
Grupo 1 Grupo 2 Grupo 3 Grupo 4