Ricardo Zamora
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) Ricardo Zamora Martínez 21 de xaneiro de 1901 Barcelona | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 8 de setembro de 1978 Barcelona | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Escuela de Periodismo de El Debate | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, actor, adestrador de fútbol, xornalista, porteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pseudónimo literario | El diví | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1934 | Mundial de Fútbol Italia 1934 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 4 de maio de 1924 | Xogos Olímpicos de 1924 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 20 de abril de 1920 | Xogos Olímpicos de 1920 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Fillos | Ricardo Zamora de Grassa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ricardo Zamora Martínez, nado en Barcelona o 21 de xaneiro de 1901 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1978, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española. Estaba alcumado como El Divino e na súa honra faise o Trofeo Zamora.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Tras formarse no Universitari SC fichou polo RCD Espanyol aos 16 anos, tras un breve paso polo FC Barcelona entre os anos 1919-1922 volveu ao Espanyol, de onde marcharía en 1930 ao Real Madrid, o seu último equipo en España. Co comezo da Guerra Civil Española foi detido e encarcerado no cárcere Modelo de Barcelona polo Goberno da Segunda República e acabou exiliándose primeiro na Arxentina e despois en Francia, onde se retirou xogando nas filas do OGC Nice.
Foi internacional coa Selección de fútbol de Cataluña e coa de Selección de fútbol de España en 46 encontros, disputando os Xogos Olímpicos de Antuerpen 1920, París 1924 e Ámsterdam 1928 e o Mundial de Fútbol Italia 1934.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Estreouse como xogador-adestrador no seu último ano no OGC Nice na tempada 1937-38.
Xa de volta en España trala Guerra Civil dirixiu ao Atlético de Aviación, actual Atlético de Madrid co que gañou a Liga nas tempadas 1939-40 e 1940-41. Despois vestiu as cores do Celta de Vigo, CD Málaga, RCD Espanyol e das seleccións de España e Venezuela.
Zamora dirixiu ao Celta en tres etapas. A primeira entre os anos 1946 e 1948, a segunda entre 1953 e 1955 e a terceira a finais da tempada 1959-60.
Chegou ao club para substituír o técnico galego Armando e o primeiro ano levou ao equipo a cuartos de final da Copa do Xeneralísimo onde perdeu ante o Athletic de Bilbao.
A segunda tempada foi a de máis éxito, onde acadou a mellor clasificación da historia do club na Liga xunto coa 2002-03, ao rematar na 4ª posición. Ademais o equipo chegaría á final da Copa 1947-48, encontro que perdeu por 4-1 ante o Sevilla FC, acabando o encontro con nove xogadores e despois de xogar esa mesma semana unha longa semifinal de catro encontros ante o RCD Espanyol. Nese equipo había xogadores do talle de: Pahiño, Hermidita, Gabriel Alonso ou Miguel Muñoz. Unha das moitas polémicas dese encontro foi a exclusión de Hermidita, máximo goleador da historia do club, do equipo. O seu substituto foi Luís Casas Pasarín.
O seu segundo período no equipo vou tras o cesamento de José Iraragorri na 12ª xornada da tempada 1953-54, o equipo salvouse na última xornada cunha vitoria ante o Athletic de Bilbao en Balaídos por 4-2. O seu segundo ano tamén remataría nunha posición similar pero salvando o descenso con máis comodidade. O seu substituto foi Luis Urquiri.
A terceira e última estancia en Vigo foi co equipo en Segunda División e so para a fase de ascenso. Esa tempada non estivo exenta de polémica xa que tras problemas burocráticos coa licenza do adestrador arxentino Enrique Lúpiz tomou a dirección do equipo Baltasar Albéniz, que conseguiu clasificar ao equipo para a fase de ascenso, pero a directiva tentou fichar a Helenio Herrera para eses encontros restantes polo que Albéniz dimitiu e o Celta tivo que recorrer a un home da casa, Yayo e ao propio Zamora para cumprir o obxectivo, cousa que non se logrou ao perder contra o Real Valladolid
A partir de entón so dirixiu ao RCD Espanyol en dous breves períodos de tempo. Trala súa retirada traballou como empregado do club ata practicamente o día da súa morte.
Postumamente obtivo a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo, e na actualidade os gardametas menos goleados de cada tempada reciben o galardón Trofeo Zamora na súa honra.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]| Título | Ano | Equipo |
|---|---|---|
| Copa de España | 1919-20 | FC Barcelona |
| Copa de España | 1921-22 |