Saltar ao contido

Riaño

Riaño
 Nome oficial
    Riaño (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
Riaño (1987 - )
Riaño (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
596 (2001) rexistro civil
584 (2002) rexistro civil
547 (2004) rexistro civil
539 (2005) rexistro civil
551 (2006) rexistro civil
540 (2007) rexistro civil
536 (2008) rexistro civil
525 (2009) rexistro civil
532 (2010) rexistro civil
538 (2011) rexistro civil
512 (2012) rexistro civil
498 (2013) rexistro civil
508 (2014) rexistro civil
490 (2015) rexistro civil
484 (2016) rexistro civil
477 (2017) rexistro civil
474 (2018) rexistro civil
463 (2019) rexistro civil
458 (2020) rexistro civil
471 (2021) rexistro civil
475 (2022) rexistro civil
474 (2023) rexistro civil
474 (2024) rexistro civil
476 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   199 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   264 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   100,82 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.130 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal24900 Editar o valor en Wikidata
Código INE24130 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345048 Editar o valor en Wikidata
VIAF138519458 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/028bqky Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX453186
Wikidata G:Commons C:Commons

Riaño é un concello da provincia de León na comunidade de Castela e León, situado ao nordeste da mesma, aos pés da Cordilleira Cantábrica preto dos Picos de Europa, a 1.133 metros de altitude. Atópase a 91 km da capital provincial e conta cunha poboación de 471 habitantes (INE 2021), coñecidos polo xentilicio de riañeses, cunha extensión de 97,63 km². Tamén forman parte do concello as vilas de Horcadas e Carande.

A historia recente de Riaño está marcada pola traumática construción do encoro que asolagou a vila orixinal, o antigo Riaño ou Viejo Riaño en 1987. Xunto con el, sete vilas máis do val foron tamén cubertas polas augas.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Riaño desde a década dos 30 ata agora:

Economía

[editar | editar a fonte]

Antes do traslado á súa situación actual, a súa economía estaba baseaba na gandería. Actualmente é predominante o sector de servizos, adicado fundamentalmente ao turismo, que acode á localidade para gozar da caza, as zonas de montaña e os espazos naturais.

Historia recente

[editar | editar a fonte]
Viejo Riaño, en novembro de 1984

A historia recente de Riaño está marcada pola construción do encoro que anegou a vila orixinal, o antigo Riaño ou Viejo Riaño en 1987. Xunto con el, sete vilas máis do val foron tamén cubertas polas augas.

Tras varios intentos de construír un encoro ao longo do século XX, finalmente o val de Riaño, no que conflúen os ríos Esla, Yuso e Orza, foi sepultado polas augas en 1987, baixo o goberno de Felipe González sendo o ministro responsable Javier Sáenz de Cosculluela.

O proxecto de construción do pantano deu lugar a numerosas mobilizacións populares, enfrontamentos coas forzas da orde e incluso suicidios,[1] sendo incluso necesario para a demolición das casas o desaloxo pola forza dos veciños que se negaban a abandonalas, aínda que o exministro Cosculluela afirmaba que nese ano non se botou a ninguén posto que as vivendas xa estaban expropiadas.[2] O novo Riaño foi posteriormente reedificado na paraxe de Valcayo. As compensacións tan anunciadas entón en forma de novas terras de regadíos na provincia de León a conta da auga do pantano non foron até o momento cumpridas.[3]

Patrimonio artístico

[editar | editar a fonte]

A igrexa de Pedrosa del Rey, trasladada desde Pedrosa del Rey para que non desaparecese baixo as augas, posúe unha portada románica que podería proceder da igrexa de Siero de la Reina.

A igrexa de Nuestra Señora del Rosario, traída da anegada vila de La Puerta, atópase á entrada de Riaño vindo pola estrada de León, N-621. Trátase dunha igrexa do século XIII e foi trasladada pedra a pedra. No seu interior alberga unhas pinturas románicas moi características, cuxo estilo só se pode atopar na montaña leonesa.

Ademais, Riaño conta cun patrimonio etnográfico conservado celosamente no seu Museo Etnográfico. Todo o modo de vida ancestral da comarca está representado en diversas escenas costumistas que lle dan vida e personalidade propia. Destaca unha recreación a tamaño real da casa típica da comarca, a Casa de Humo, con teitumbre a dúas augas e cuberta de palla de centeo. Outros elementos interesantes do patrimonio etnográfico constitúeno os dous hórreos da localidade. Antigamente existiron 80 exemplares no Pueblo Viejo, anegado actualmente polo encoro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]