Ademais da área destes municipios, á nova entidade administrativa engadíronse partes deshabitadas dos antigos municipios de Paamiut e Ammassalik. No caso do municipio de Paamiut, era exclusivamente unha parte da capa de xeo incluíndo algúns nunataks, mentres que no caso do concello de Ammassalik, incluía a costa do fiorde Kangerlussuatsiaq (en dinamarquésLindenow Fjord).
Con 32000 km²,[3] é o concello máis pequeno de Groenlandia por superficie. Limita cun só municipio, Sermersooq, ao norte. As augas da costa occidental son as do mar do Labrador, que se atopa co aberto Atlántico norte en Nunap Isua, o cabo máis meridional.
Todo o termo municipal é moi montañoso, con numerosos fiordes que se adentran profundamente no interior. Todos os asentamentos están situados na costa occidental, ou en fiordes que rematan alí.