Saltar ao contido

Ganga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gangas»)

Para o artigo sobre a novela de Antón Lopo, véxase Ganga (libro)

Ganga
 Nome taxon
    Pteroclidae
Charles Lucien Bonaparte 1831 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Subdivisións
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePterocliformes
FamiliaPteroclidae Editar o valor en Wikidata
Bonaparte, 1831 Pteroclidae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01dck2 Editar o valor en Wikidata
ITIS177040 Editar o valor en Wikidata
OTT244699 Editar o valor en Wikidata
EOL7991 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Os Pterocliformes son unha orde de aves neognatas que inclúe unha soa familia, Pteroclidae[1] ou Pteroclididae.[2] A orde Pterocliformes non é aceptada por todos os autores, de maneira que a familia Pteroclidae inclúese ás veces entre os Columbiformes ou os Ciconiiformes.[2]

Abrangue os xéneros Pterocles e Syrrhaptes, que adoitan coñecerse como cortizois[3] ou gangas.[4] Entre ambos os dous xéneros suman un grupo de 16 especies do Vello Mundo que viven no campo aberto, chairas e semi-desertos sen árbores.

Características

[editar | editar a fonte]

As gangas son pequenas, de pescozo e cabeza semellantes ás pombas, pero de corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e un voo rápido e directo. Posúen patas emplumadas, e o xénero Syrrhaptes teñen emplumados tamén os dedos. Son de cor marrón clara ou verdosa con manchas.

Voan en bandadas aos seus durmideiros ao amencer e á tardiña. Adoitan pór dous ou tres ovos directamente sobre a terra.

Xéneros e especies

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente divídese ás gangas en dous xéneros. Dúas especies de Asia central que son as Syrrhaptes, e o resto son Pterocles, pero estudos recentes pon en dúbida esta división.

  1. ↑ Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  2. 1 2 Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2009.
  3. ↑ "Entrada cortizol en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 04 de setembro de 2017.
  4. ↑ "Entrada ganga en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2019.
  5. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  6. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  7. ↑ Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada Chioglossa, 1 (1999): 121-138 e Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]