Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estado de Aguascalientes
Nome orixinal
Aguascalientes (es)
Nome oficial
Aguascalientes (es)
Xentilicio
hidrocálido (es)
hidrocálida (es)
aguascalentense (es)
Instancia de
Parte de
Bajío (pt)
Himno
Órgano lexislativo
Ten en propiedade
Fundación / creación
1835
Situado en
Capital
Comparte fronteira con
Contén división administrativa
OpenStreetMap
Mapas
Coordenadas
Poboación
1.184.996
(2010) 1.312.544
(2015)
Superficie
5.617,8 km²
Altitude
1.926 m
Fuso horario
Wikidata G:Commons C:Commons
Aguascalientes é un dos trinta e un estados que, xunto coa Cidade de México , forman os Estados Unidos Mexicanos . A súa capital e cidade máis poboada é Aguascalientes . Atópase na rexión centronorte do país, limitando polo norte con Zacatecas e polo sur con Xalisco . Con 5618 km² é o terceiro estado menos extenso, por diante de Morelos e Tlaxcala , o máis cativo. Con 1 513 544 habitantes en 2015, é o sexto menos poboado, por diante de Tlaxcala , Nayarit , Campeche , Baixa California Sur e Colima , o menos poblado. Con 210,93 hab/km², é o cuarto máis densamente poblado , por detrás do Estado de México , Morelos e Tlaxcala . Foi fundado o 5 de febreiro de 1857.
O seu nome refírese ás augas termais que os invasores españois descubriron na zona. Divídese en 11 concellos e a súa capital é a cidade de Aguascalientes . Atópase na macro rexión de El Bajío , no Bajío Occidente o Centro Occidente.[ 1] [ 2] [ 3] Limita, polo norte, con Zacatecas ; e polo sur, con Xalisco . Representa o 0,3% da superficie do país.