Saltar ao contido

Coloeus dauuricus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coloeus dauuricus
 Nome taxon
    Corvus dauuricus
 Nome curto
    C. dauuricus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Fonte de alimentación
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaCorvidae
XéneroColoeus
EspecieCorvus dauuricus Editar o valor en Wikidata
Pallas, 1776 Corvus dauuricus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   70,5 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   4,9 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01fzyq Editar o valor en Wikidata
ITIS559497 Editar o valor en Wikidata
OTT686165 Editar o valor en Wikidata
UICN22705935 Editar o valor en Wikidata
CoLYNHP Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Coloeus daauricus. Lámina na obra de Coenraad Jacob Temminck e Hermann Schlegel Fauna Japonica (1833-1850), baseada nas coleccións de Philipp Franz von Siebold (que editou o texto).
Ovos de Coloeus dauuricus.

Coloeus dauuricus é unha especie de ave paseriformes da familia dos córvidos, unha das dúas que integran o xénero Coloeus.

Propia do Extremo Oriente (sueste de Siberia, sur de Mongolia e gran parte da China), está estreitamente relacionada coa outra especie do xénero, a gralla cereixeira (Coloeus monedula).

Durante moitos anos, e aínda hoxe para algúns, o xénero foi considerado como un subxénero de Corvus.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1776 polo médico, zoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia, Peter Simon Pallas.[1][2]

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos Coloeus considerouse como un subxénero de Corvus, pero na actualidadese clasifícase como un xénero separado na familia dos córvidos.[3][4][5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para o xénero, véxase Coloeus

O epíteto específico, dauuricus, alude á antiga rexión na do imperio Ruso Dauria (en ruso Даурия, Dauriya), nome derivado do etnónimo dos nativos, os daures, e hoxe chamada Transbaikalia (en ruso Забайкалье, Zabaikalie), que é como se coñece á rexión montañosa localizada 'ao leste de', ou 'máis alá de' (trans) o lago Baikal.[6]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Distribúese polo sueste de Siberia, o sur de Mongolia e gran parte da China. No norte da súa área de distribución migra cara ao sur durante o inverno. Esta ave é unha rara visitante durante o inverno en Corea e o Xapón, e unha vagabunda en Taiwán. Ademais, hai rexistros de avistamentos en Europa Occidental.

Habita en bosques abertos, vales fluviais, e montes e montañas.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

É unha especie sociábel que se encontra frecuentemente en grupos, en asociación con outros córvidos.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase de sementes, insectos, froitos, ovos e preas.

Outras grallas

[editar | editar a fonte]

A outra especie do xénero Coloeus é Coloeus monedula, a gralla cereixeirea, de ampla distribución, desde o Norte de África até Siberia occidental, pasando por case toda Europa, Irán e o noroeste da India. Ambas as grallas formaron durante moito tempo o subxénero Coloeus.

Por outra parte, en Galicia algúns lle chaman gralla grande á especie Corvus frugilegus, que outros denominan gralla calva.[7]

  1. ↑ Corvus dauuricus Pallas, 1776 no GBIF.
  2. ↑ Coloeus dauuricus (Pallas, 1776) no ITIS.
  3. ↑ Haring, E.; Gamauf, A.; Kryukov, A. (2007). "Phylogeographic patterns in widespread corvid birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 45 (3): 840–862. PMID 17920300. doi:10.1016/j.ympev.2007.06.016.
  4. ↑ Rasmussen, Pamela C.; Anderton, John C. (2005). Birds of South Asia: The Ripley Guide. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-67-2.
  5. ↑ Gill, F.; Donsker, D. (eds.). "Crows, mudnesters & birds-of-paradise". IOC World Bird List (version 8.2). Consultado o 5 de abril de 2015.
  6. ↑ daurian jackdaw en Yourdictionary.
  7. ↑ Penas Patiño et al. 1991, p. 284.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]