Saltar ao contido

Chester Krause

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChester Krause
Biografía
Nacemento16 de decembro 1923
Helvetia Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xuño de 2016 (92 anos)
Iola.
Wisconsin
Estados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeEstadounidense
Q89547790Fundador de Krause Publications.
Actividade
Campo de traballoNumismática e negocios.
Ocupaciónnumismático, editor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor en Wikidata -
Premios
Véxase a sección "Recoñecementos".

Chester Lee Krause, nado o 16 de decembro de 1923 en Helvetia, Wisconsin, e finado o 15 de xuño de 2016 en Iola, no mesmo Estado, foi un numismático e editor estadounidense, coñecido por ser o fundador da editora Krause Publications, na década de 1950.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Krause naceu na vila de Helvetia, no condado de Waupaca, en Wisconsin, o 16 de decembro de 1923. Era fillo de Carl Krause (falecido en 1954) e de Cora Neil (1980), e pasou a súa infancia na granxa familiar como o menor dos seus seis fillos.[1] Adquiriu a súa primeira educación nunha sala da súa propia casa e aprendeu o oficio de albanel, que tamén exercía o seu pai, e logo cursou o seu ensino secundario en Iola, onde se graduou en 1941.[2][3]

Igual que os seus dous irmáns varóns, Chester foi recrutado polo exército durante a segunda guerra mundial. No seu caso, serviu como mecánico de automóbiles en Bélxica, Luxemburgo e Alemaña, entre 1943 e 1946.[1][2][3]

Acabada a guerra retornou a Iola, onde a súa familia se asentou logo de vender a granxa en 1950, e alí estableceuse como construtor independente, e dous anos máis tarde, en 1952, comezou a compatibilizar esta dedicación coa de editor. Cun investimento inicial de 1.000 dólares, en outubro dese mesmo ano creou a revista Numismatic News, transformando o seu interese pola numismática, que o acompañaba desde neno, nun labor profesional, como vehículo para a información numismática aos coleccionistas de zonas afastadas das grandes cidades dos EEUU. A nova compañía, chamada Krause Publications, medrou considerablemente durante o lustro seguinte e en 1957 Krause construíu o seu derradeiro edificio, para centrar os seus intereses no ámbito editorial.[2][3][4] En 1963 contratou a Clifford Mishler, de Míchigan, con quen mantivo unha vinculación profesional durante moitos anos.[1]

A crise do coleccionismo numismático nos Estados Unidos na década de 1960 obrigouno a diversificar o seu negocio editorial, ampliándoo a outros coleccionismos. En 1971 comezou a publicar a revista Old Cars ("Coches antigos"), outra das súas paixóns, xa que era un coleccionista destes vehículos.[2] Ademais, o seu pasado como mecánico militar fixo que mantivese sempre o interese por este tipo de vehículos, o que o levou tamén a adquirir e publicar a cabeceira Military Vehicles Magazine.[1]

A época de máxima expansión foi a década de 1980, cando a súa editora abrangueu unha ducia de publicacións periódicas, dedicadas ao mundo do coleccionismo, e arredor de 150 títulos de libros. Entre as publicacións máis salientables desta época están as series Standard Catalog of World Coins (desde 1972) e Standard Catalog of World Paper Money, ambas con numerosas edicións actualizadas que se manteñen ata os nosos días, nalgunhas ocasións desagregadas en varios volumes por períodos.[2][5][6]

Este éxito nos negocios foi acompañado dun importante labor filantrópico, subvencionado numerosas iniciativas de índole social.[2]

En 1986, aos 63 anos, Krause deixou a dirección executiva da compañía, aínda que se mantivo como presidente. No momento da súa xubilación, Krause Publications tiña arredor de 400 empregados e unha facturación de 50 millóns de dólares. En 1990, Krause cedeulle a Mishler o control da compañía e na seguinte década este foi reducindo a súa participación, vendéndolles accións aos empregados.[1][2][7]

En xaneiro de 2014, Krause padeceu un derramo cerebral que minguou as súas capacidades, e en 2016 sufriu unha caída. No transcurso do tratamento a raíz desta caída tivo unha insuficiencia cardíaca que, finalmente, provocou o seu falecemento nun hospital de Iola, o 25 de xuño de 2016.[2][3]

Krause formou parte do equipo de dirección da American Numismatic Association entre 2007 e 2010. Tamén na ANA mantivo a súa colaboración con Clifford Mishler, que presidiu a sociedade de 2009 a 2011.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Premio Chester L. Krause Memorial

[editar | editar a fonte]

Na súa memoria, a Amarican Numismatic Association (ANA) en 2021 deulle o nome de Chester L. Krause Memorial ao maior recoñecemento da entidade, outorgado aos membros destacados polos seus anos de dedicación tanto á asociación como á numismática.[14] Este premio denominábase anteriormente Farran Zerbe Memorial, mais ese ano a ANA votou para retirar o nome do antigo presidente da entidade por mor das súas actividades fraudulentas e desleais no pasado.[15][16]

  1. 1 2 3 4 5 6 "Memoriam: Chester “Chet” Krause, 1923-2016". En Coin Week. 27 de xuño de 2016.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 "Chester L. Krause. Obituary". Voie Funeral Home.
  3. 1 2 3 4 "Chester L. Krause 1923-2016". Legacy.com
  4. ↑ "Krause Publications. The Early Days". The Historical Marker Database (HMdb.org)
  5. ↑ "Krause, Chester L.". WorldCat Identities.
  6. ↑ M. J. Goc. (1992). Just plain Chet: the history of Krause Publications. Krause Publications, Iola. ISBN 9780873412315
  7. ↑ Kaiser, R. (2002). "Workers may own Krause Publications, but get no say in firm's sale". En Chicago Tribune. 3 de xullo.
  8. 1 2 3 4 5 6 7 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  9. ↑ "The Clemy Award Winners Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Numismatic Literary Guild.
  10. ↑ "Farran Zerbe Memorial Award Arquivado 03 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.
  11. ↑ "Robert Friedberg Award". Professional Numismatists Guild (PNGdealers.org).
  12. ↑ "Recipients of the Trustees’ Award Arquivado 27 de xullo de 2023 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  13. ↑ "Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN).
  14. ↑ "ANA Service Awards". American Numismatic Association.
  15. ↑ "New Name for ANA Accolade". American Numismatic Association. 21 de setembro de 2021.
  16. ↑ Jewett, L. (2021). "ANA’s highest honor to get a new name after 70 years". En Coin World. 24 de setembro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]