Saltar ao contido

Borriana

Borriana
 Nome oficial
Borriana (ca) dende 2008
Burriana (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
borrianenca (ca)
borrianenc (ca)
Burrianensi (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Situado en
 Continente
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
27.055 (2001) rexistro civil
27.794 (2002) rexistro civil
29.250 (2003) rexistro civil
30.059 (2004) rexistro civil
31.281 (2005) rexistro civil
32.349 (2006) rexistro civil
33.255 (2007) rexistro civil
34.235 (2008) rexistro civil
34.565 (2009) rexistro civil
34.896 (2010) rexistro civil
35.433 (2011) rexistro civil
35.598 (2012) rexistro civil
34.744 (2013) rexistro civil
34.783 (2014) rexistro civil
34.708 (2015) rexistro civil
34.643 (2016) rexistro civil
34.464 (2017) rexistro civil
34.544 (2018) rexistro civil
34.683 (2019) rexistro civil
35.052 (2020) rexistro civil
34.903 (2021) rexistro civil
35.019 (2022) rexistro civil
35.750 (2023) rexistro civil
36.927 (2024) rexistro civil
37.915 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   17.459 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   17.224 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   47,2 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   13 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal12530 Editar o valor en Wikidata
Código INE12032 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap339850 Editar o valor en Wikidata
VIAF142437031 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0723t5 Editar o valor en Wikidata
 Código do catálogo
 Páxina WEB
 Teléfono
+34-964-51-00-62 Editar o valor en Wikidata
Twitter: ajborriana BNE: XX451668 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Borriana (en valenciano: Borriana, en castelán: Burriana, as dúas denominacións cooficiais) é un municipio do País Valenciano, capital da comarca da Plana Baixa. O termo municipal de Borriana sitúase ao norte da comarca, e ten coma límites polo oeste as localidades de Les Alqueries e Vila-real, polo sur a localidade de Nules e polo norte a localidade de Almassora, que fan de límite municipal das respectivas localidades ao leito do río Millars, que non separa só os termos municipais, senón tamén as comarcas da Plana Alta e a Plana Baixa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Sitúase esta localidade fronte á costa do mar Mediterráneo, na parte máis cha da comarca da Plana Baixa e rodeada de campos de laranxeiras.

Borriana ten 15 km de costa cha, lineal e continua. A praia principal de Borriana, l'Arenal, é moi ampla, de area fina e con mínima pendente. Na zona marítima, a poboación aglutinada e diseminada é importante, sobre todo durante a época estival na cal chega a triplicarse. Referente turístico para as poboacións limítrofes, como Vila-real, dispón dunha importante poboación desprazada durante o verán. A praia dista 1,5 km do centro da cidade.

Esta zona marítima conta cun porto que na actualidade utilízase para actividades pesqueiras. A construción deste foi motivada polo auxe da industria da laranxa que foi unha actividade importante no resto da plana e indubidabelmente nesta poboación.

Accédese a esta poboación, dende Castelló de la Plana, tomando a CV-18 ou a N-340.

Núcleos de Poboación

[editar | editar a fonte]

No termo municipal de Borriana atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación, ademais do casco urbano de Borriana:

  • Les Alqueries de Santa Bàrbara.
  • El Port de Borriana.
  • El Grau de Borriana.
  • La Serratella.
  • Les Alqueries del Ferrer.
  • Poblats marítims.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Con 33.255 habitantes (INE 2007), Borriana é a terceira localidade da provincia de Castelló por poboación. Nos últimos anos experimentou un forte crecemento demográfico en gran parte debido á inmigración.

Evolución demográfica de Borriana
185718871900191019201930194019501960197019811991200120062007
7.81310.23712.96214.24313.89514.67518.47317.69718.61622.65125.00325.43826.75732.34933.255

Economía

[editar | editar a fonte]

A súa economía está baseada na agricultura, predominando o cultivo da laranxeira. A industria principal é a dedicada á manipulación e transformación de cítricos.

Aínda que en Borriana acháronse vestixios de diversas civilizacións antigas -os cales, entre outros, nutren os fondos do museo Arqueolóxico Municipal- a plenitude da vila sitúase en torno ao século IX como unha importante praza árabe que recibiu o nome de Medina Alhadra ou Cidade Verde, pola súa situación no medio da Plana. Aquela praza forte, de muralla circular, incorporouse á civilización occidental cristiá trala súa conquista polo rei Jaume I en 1233. En 1348 o rei Pere IV concede o privilexio de que a "senyera" de Borriana sexa acrecentada cunha franxa azul e tres coroas.

A expansión demográfica da poboación obrigou a derruír as murallas, que se conservaron completas até o século XVII. En 1901 a raíña rexente, en nome do rei Afonso XIII, concédelle o título de cidade, sendo esta coroada con devandito título por 3 veces, por iso na bandeira e no escudo hai 3 coroas.