Saltar ao contido

Webmin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Webmin
Imaxe
 Instancia de
 Uso
Características
 Produto ou servizo
 Linguaxe de programación
 Licenza
Datas
 Fundación / creación
5 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Versións
2.670 versión estábel (21 de setembro de 2026) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04d6d3 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Repositorio
Wikidata G:Commons C:Commons

Webmin é unha aplicación web pensada para a administración de servidores dende calquera navegador licenciada baixo licenza BSD. Este software fai que os servidores poidan ser manexados de xeito remoto e cunha interface amigable, tendo cada servidor o seu propio panel de control en modo GUI, sen necesidade de usar unha terminal en liña de comandos.

Características

[editar | editar a fonte]
Inserindo credenciais en Webmin.

Desenvolvido na versión 5.002 da linguaxe Perl, Webmin permite o control de moitos dos principais servidores utilizados hoxe en día (BIND, ProFTPD, Apache, Samba, MySQL, PostgreSQL, SSH, etc). O seu porto por defecto é o 10000 [1]

Está optimizado principalmente para sistemas Unix sendo Linux onde é máis corrente atopalo, inda que pode ser usado en sistemas Windows cunha funcionalidade algo limitada[2].

Unha característica deste xestor é a sinxeleza coa que se manexa a paquetería de software para a instalación de novos programas ou a actualización dos mesmos, xa que as dependencias son resoltas de xeito automático por Webmin. A parte negativa deste proceso é que o administrador dos sistemas terá que confiar nos repositorios de Webmin [3]. Por outra banda, a interface gráfica non é tan potente ou flexible como a liña de comandos.

Existen moreas de plugins para o programa cos que pode ser personalizado para conseguiren certas características coas que non conta a aplicación cando se instala, sendo este un programa de xestión modular [4]

Ten soporte para moitas linguas, entre elas todos os idiomas oficiais na Península Ibérica (castelán, portugués, catalán, éuscaro e inglés) agás o idioma galego[5].

  1. ↑ Porto por defecto
  2. ↑ Webmin en Windows
  3. ↑ "Inyectada una puerta trasera de Webmin en los repositorios de SourceForge". Una al Día.(en castelán)
  4. ↑ Módulos estándar
  5. ↑ "Idiomas". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2018. Consultado o 02 de novembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]