Villarreal Club de Fútbol
| Villarreal | ||||
|---|---|---|---|---|
| Nome | Villarreal Club de Fútbol | |||
| Alcume(s) | Submarino Amarillo | |||
| Fundación | 1942 | |||
| Estadio | Estadio de la Cerámica, Vila-real, España | |||
| Inauguración | 1923 | |||
| Capacidade | 25.000 | |||
| Presidente | ||||
| Adestrador | ||||
| Liga | Primeira División | |||
| 2025–26 | 3º | |||
| Vestimenta | Xtep | |||
| Na rede | ||||
| http://www.villarealcf.es/ | ||||
| ||||
O Villarreal Club de Fútbol (en valenciano: Vila-real Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Vila-real, na provincia de Castelló. Foi fundado no ano 1923 e compite na Primeira División.
En 2008 acadou o subcampionato de Liga e en 2021 conseguiu o seu primeiro título, gañando a final da Europa League contra o Manchester United. Anteriormente, na tempada 2005-06, chegou ata as semifinais na Liga de Campións da UEFA, converténdose no mellor equipo debutante da competición baixo ese nome, sendo adestrador Manuel Pellegrini, o técnico máis exitoso da historia do club, que tamén foi subcampión de liga.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo xogou en divisións inferiores ata que na tempada 1997–98 acabou cuarto da Segunda División. Na promoción de ascenso a Primeira División xogou contra o SD Compostela, empatando os dous partidos, pero grazas ao valor dobre dos goles en campo contrario ascendeu á primeira categoría. O gol que supuxo o ascenso fíxoo Alberto Saavedra. Debutou por primeira vez neste torneo o 31 de agosto de