Saltar ao contido

Vasoiriña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vasoiriña
Esquematismo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Fontes e ligazóns
Freebase/m/07xv30 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC16108499 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

As vasoiriñas[1] son ás pezas que nunha máquina eléctrica conectan un circuíto fixo con outro móbil.

A configuración normal está formada por unha serie de aneis (dous en corrente monofásica e tres en trifásica) aos que se conecta cadansúa vasoiriña. Nas máquinas de corrente continua, no canto de aneis existe un colector. Hoxe tamén son moi comúns os motores sen vasoiriñas.

O primeiro elemento que se utilizou para levar corrente eléctrica dunha masa xiratoria a unha masa estacionaria foi, precisamente, unha vasoiriña ou brocha. O inventor, tomando un cable cunha serie de filamentos metálicos, agrupounos cun anel metálico, como unha brocha de barbear, e conectouno a unha forma de anel rozante. De aí que o seu nome orixinal en inglés fose brush. Esta solución resultou ser relativamente práctica para máquinas pequenas e lentas, pero na medida que as potencias dos xeradores se foron facendo máis importantes, a brocha de pelos metálicos fíxose insuficiente porque era moi fráxil.

Pasouse entón á vasoiriña sólida, primeiro de metal e, hoxe, de carbón.

Comutador con vasoiriña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]