Saltar ao contido

Bilurico pativerde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tringa nebularia»)
Bilurico pativerde
 Nome taxon
    Tringa nebularia
 Nome curto
    T. nebularia (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Caracterizado por
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaScolopacidae
XéneroTringa
EspecieTringa nebularia Editar o valor en Wikidata
Gunnerus, 1767 Tringa nebularia Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Envergadura
   0,61 m Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   4 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   26 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01rgkx Editar o valor en Wikidata
ITIS176624 Editar o valor en Wikidata
OTT917055 Editar o valor en Wikidata
UICN22693220 Editar o valor en Wikidata
CoL58VJB Editar o valor en Wikidata
EOL45509202 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Canción e chamadas, gravadas no oeste de Sutherland, Escocia.

O bilurico pativerde[1][2], tamén coñecido como bilurico claro,[3] (Tringa nebularia) é unha ave limícola da familia Scolopacidae. O nome do xénero Tringa é unha palabra neolatina que Aldrovandus lle puxo como nome á especie Tringa ochropus en 1599 baseándose na palabra do grego antigo trungas, que é o nome dunha ave mencionada por Aristóteles. O nome específico nebularia procede do latín nebula, 'néboa', xa que os pantanos do seu hábitat adoitan ser neboentos.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Os seus parentes máis próximos son o bilurico patiamarelo grande (Tringa melanoleuca), que xunto co bilurico escuro (T. erythropus) forma un grupo estreitamente relacionado. As tres especies presentan a característica de ter as cores básicas de pés e patas dos Tringa, demostrando que este carácter é parafilético.[5] Son tamén os biluricos máis grandes á parte do Tringa semipalmata, que ten unha constitución corporal máis robusta. O bilurico patiamarelo grande e o bilurico pativerde comparten un padrón do peito áspero, escuro e bastante definido e tamén moita cor negra nos ombreiros e dorso na plumaxe reprodutora.

Distribución

[editar | editar a fonte]

É unha ave subártica, que se reproduce no norte de Escocia cara ao leste a través do norte de Europa e Asia. É unha especie migratoria, que inverna en África, o subcontinente indio, e Australasia, xeralmente en augas doces. Reprodúcese en terreos secos preto de áreas pantanosas, poñendo uns catro ovos nunha depresión escavada no chan.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os biluricos pativerdes son marróns na plumaxe da época reprodutora e marróns cincentos en inverno. Cando están na auga, poden parecer moi similares aos biluricos finos, pero distínguense pola forma da metade inferior do bico, que lle dá unha aparencia ao pico de estar un pouco curvado cara a arriba. Teñen patas longas verdosas e un bico longo con base cincenta. Presentan unha cuña branca na parte dorsal en voo. Son algo meirandes que a especie relacionada o bilurico común. A chamada usual é unha serie rápida de tres curtas notas afrautadas silabeadas como teu-teu-teu.

Igual que a maioría dos limícolas, aliméntase de pequenos invertebrados, pero tamén capturan pequenos peixes e anfibios.

É unha das especies incluída no Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-eurasiático (AEWA).

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  4. ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 266, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  5. ↑ Pereira, S.L.; Baker, A.J. (2005). "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]