Saltar ao contido

Tressis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O tressis (voz latina) foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, de tempos da República, emitida nos séculos III e I a. de C., co valor de tres ases.[1][2][3]

Esta moeda emitiuse inicialmente en dúas ocasións en bronce fundido durante o século III a. de C., na República de Roma: a primeira delas en torno ao ano 260 a. de C. e a segunda arredor de 215 a. de C., ambas saídas dos obradoiros monetarios de Roma.[4][5]

A marca de valor destas moedas consistía en tres liñas verticais (unha por cada ás).[6] Nos seus anversos amosan o busto da deusa Roma ollando á dereita. Nos seus reversos, os tressis da primeira emisión exhiben unha roda con seis raios e a marca de valor, en tanto que os da segunda emisión amosan a tradicional proa de barco característica da moeda romana de bronce desta época.[7][8][9]

Coincidindo coa introdución do denario en 211 a. de C. foi retirada da circulación, debido a que o seu grande tamaño dificultaba moito o seu uso.

Porén, o tressis reviviu monetáneamente no século I a. C., xa ao final da época republicana, nesta ocasión xa non fundida, senón cuñada, ao ser emitida entre o 38 e o 37 a. de C. polos prefectos da frota de Marco Antonio.[10]

  1. ↑ "Tressis". En Amandry (2001).
  2. ↑ "Tressis". En Algunos tipos de monedas antiguas Arquivado 04 de xullo de 2018 en Wayback Machine.. www.tesorillo.com
  3. ↑ "Tressis Arquivado 06 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". En Vecchi, Italo. Italian Cast Coinage. Glossary of Terms. London Ancient Coins Ltd. 2013. Páxina 11. ISBN 978-0-9575784-0-1
  4. ↑ "Tressis". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
  5. ↑ "Tressis". En Harl, Kenneth W. Roman Economy. 300 B.C. to A.D. 700. Glossary. The Johns Hopkins University Press. Baltimore/Londres, 1996. Páxina 483. ISBN 0-8018-5291-9
  6. ↑ "Tressis". En Roman bronze coins Arquivado 23 de febreiro de 2025 en Wayback Machine.. www.moneta-romanae.com
  7. ↑ "Tressis". En Crawford, M. H. (1974)
  8. ↑ Fotografías e descricións de tressis Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.. En Coinage of the Roman Republic Online.
  9. ↑ Descrición e fotografía dun tressis Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.. British Museum.
  10. ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Tressis".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]