Sarigan é unha pequena illa das Illas Marianas do Norte. A illa atópase a 153km ao norte de Saipan e ten unha superficie de 4.966km². Anteriormente a illa estivo poboada, pero segundo o censo realizado no 2000 está deshabitada.
A illa foi descuberta en 1669 polo español Diego Luis de San Vitores, que tamén iniciou a súa colonización. Desde 1900 ata 1945, houbo en Sarigan unha poboaciónChamorra que traballou na produción de copra. A illa é unha reserva natural, esta deshabitada desde principios de 1990, cando se iniciou un proxecto para librar Sarigan das especies introducidas polos humanos, só quedan uns poucos gatos. A illa é o lugar proposto para o traslado de aves en perigo de Guam e Saipan.
A aterraxe en Sarigan é difícil debido aos cantís que rodean a illa. Ten moitos barrancos e vales con densa vexetación tropical.