Saltar ao contido

Sandro Puppo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSandro Puppo

(1941) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Piacenza Editar o valor en Wikidata
Morte16 de outubro de 1986 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Piacenza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1950), adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1934–1937   Piacenza Calcio 73(7)
1937–1939   Inter de Milán 8(0)
1939–1945 Venezia FC 126(5)
1945–1946→ cesión:    Piacenza Calcio 22(0)
1946–1947 Venezia FC 37(0)
1947–1949   AS Roma 15(0)
1949–1950 Associazione Calcio Thiene
  Adestrador Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
–   FC Barcelona Editar o valor en Wikidata
Participou en
1 de agosto de 1936Xogos Olímpicos de 1936 Editar o valor en Wikidata

Sandro Puppo, nado en Piacenza o 28 de xaneiro de 1918 e finado na mesma cidade o 16 de outubro de 1986, foi un futbolista e adestrador italiano. Xogaba como centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Nado en Piacenza, pasou os seus anos de adolescencia en Shanghai, onde seu pai actuaba como violinista.[1] Na China comezou a xogar ao fútbol, no equipo da súa escola,[1] e cando regresou a Piacenza en 1934 presentouse ao adestrador do Piacenza, Carlo Corna,[1] que inicialmente o colocou como mezzala. Máis tarde, pasou ao medio central, posición na que xogou o resto da súa carreira.[2] Foi titular no Piacenza durante tres tempadas na Serie C, e as súas actuacións valéronlle a convocatoria para os Xogos Olímpicos de Berlín de 1936 xunto co seu compañeiro Carlo Girometta, aínda que foron como reserva e non chegaron a xogar.[1]

Puppo (de pé, terceiro pola dereita) no Venezia da tempada 1940-1941, gañador da Copa de Italia.

No verán de 1937 fichou polo Inter de Milán, chamado daquela Ambrosiana-Inter,[1] co que gañou a Serie A na súa primeira tempada, aínda que sen chegar a debutar en liga, ao contar o equipo con Renato Olmi na súa posición. Debutou coa camiseta nerazzurra o 6 de xaneiro de 1938, nun partido da Copa de Italia no campo do Napoli.[1] Tampouco contou con moitos minutos na seguinte tempada (8 partidos na Serie A) e foi traspasado ao Venezia.[1] Foi titular no equipo veneciano durante as seguintes catro tempadas, xogando por detrás da parella Loik - Mazzola, e conquistou a Copa Italia na campaña 1940/41. Participou tamén no Campionato Alta Italia de 1943/44, no que o equipo chegou á rolda final.[3]

Despois da guerra foi cedido ao Piacenza, onde comezou actuando como xogador-adestrador, ata que foi substituído no banco por Renato Bodini.[4][5] Regresou a Venecia para o Campionato da Serie A 1946 /47.[6] Co descenso dos venecianos á Serie B, pasou a Roma, reclamado por Imre Senkey. Con todo, na capital sufriu unha grave lesión que puxo fin á súa carreira na elite do fútbol italiano,[1] aínda que militou unha última tempada no modesto Thiene, no dobre papel de xogador-adestrador.[1]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Despois das súas primeiras experiencias como xogador-adestrador no Piacenza e no Thiene, en 1950 converteuse no segundo adestrador do Venezia, na Serie B.[1] En xaneiro de 1951 colleu as rendas do equipo, sendo o primeiro adestrador ata outubro, cando foi despedido e substituído por Mario Villini.[7] No resto da tempada 1951/52 ocupou o banco do Rovereto, na Serie C.[1][8]

En 1952 converteuse no adestrador da selección de Turquía, á que dirixiu nos Xogos Olímpicos de Helsinqui en 1952, acadando os cuartos de final, onde caeu eliminado por goleada (7-1) ante a poderosa Hungría, que acabaría levando a medalla de ouro. Conseguiu tamén a clasificación para o Mundial de 1954, despois de dar a sorpresa e eliminar a España.[1] Xa en Suíza, na súa primeira participación nun Mundial, o equipo turco perdeu contra Alemaña Occidental e goleou por 7-0 a Corea do Sur. Quedou empatado a puntos coa selección alemá, polo que se se enfrontou de novo a esta para dilucidar quen pasaría á seguinte fase, sendo a vitoria para a RFA por 7-2. Nese mesmo período de dous anos (1952/54) tamén foi adestrador do Beşiktaş.[1]

Despois sentou no banco do Barcelona, durante a tempada 1954/55,[1] acabando subcampión de liga por detrás do Real Madrid, e facendo debutar o coruñés Luis Suárez, futuro Balón de Ouro.[9] De regreso a Italia, adestrou durante dous anos á Juventus, levando a cabo un programa de renovación e rexuvenecemento do equipo.[1] No equipo piemontés, alcumado a Juve dei puppanti,[10][11] dirixiu a xogadores como Piero Aggradi, Flavio Emoli, Enzo Robotti e Giuseppe Vavassori.[1]

En 1957 volveu a Venecia por motivos de saúde, e alí adestrou o Mestrina,[1], antes de ingresar ao ano seguinte na Federación Italiana de Fútbol.[9][11] Durante un partido amigable en Budapest sentou no banco da selección B de Italia,[9] antes de regresar de novo a Turquía, para poñerse outra vez á fronte da selección turca e do Beşiktaş.[1]

A continuación regresou a Italia, onde adestrou o Siracusa e o Venezia,[12][13] e completou a súa terceira etapa na selección turca. En 1964 pasou polo Triestina,[9][14] antes de volver á selección turca, á que dirixiu en dúas etapas máis entre xaneiro de 1965 e maio de 1966, sen poder conseguir a clasificación para o Mundial de 1966. Rematou a súa carreira como adestrador no Piacenza en 1967.[15][16][17]

Trala retirada

[editar | editar a fonte]

En 1968 foi contratado pola empresa piacentina Astra do expresidente do Piacenza Enzo Bertuzzi,[15] como intérprete e e secretario.[15] En 1970 foi elixido pola FIFA no grupo de estudos técnicos do Mundial de México, xunto cos ingleses Winterbottom e Greenwood e o alemán Cramer.[1][11]

En 1974 publicou en Piacenza o volume Calcio: quo vadis, un ensaio no que expuxo a evolución técnica e táctica do fútbol dende as súas orixes ata 1970.[1]

Faleceu en Piacenza en 1986 aos 68 anos.[1][11]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Na súa cidade natal recibiu o seu nome un campo de fútbol, no que xogan os seus partidos os equipos US Turris, ASD Primogenita e Nuova Spes.

Palmarés como futbolista

[editar | editar a fonte]
Inter de Milán
Venezia
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 "Sandro Puppo, gentiluomo del calcio". Libertà (en italiano). 18 de outubro de 1986. p. 21.
  2. ↑ ""Il mezzo secolo del Piacenza" di Vincenzo Bertolini e Gaetano Cravedi". piacenzacalcio.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
  3. ↑ "Tempada 1944". calciovenezia.com (en italiano). Consultado o 20 de febreiro de 2022.
  4. ↑ "Le liste di trasferimento dei calciatori del Nord". Il Corriere dello Sport (en italiano). 28 de setembro de 1945. p. 2. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
  5. ↑ "Equipo do Piacenza na tempada 1945/46". storiapiacenza1919.it (en italiano). Consultado o 20 de febreiro de 2022.
  6. ↑ "Equipo do Piacenza na tempada 1946/47". storiapiacenza1919.it (en italiano). Consultado o 20 de febreiro de 2022.
  7. ↑ "Villini è il nuovo allenatore del Venezia". Il Corriere dello Sport (en italiano). 12 de outubro de 1951. p. 2. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
  8. ↑ "Almanacco Illustrato del calcio" (en italiano). 1952. p. 191.
  9. 1 2 3 4 Bottazzini, G.; Fontanelli, C. Piacenza90: partite, protagonisti, immagini (en italiano). GEO Edizioni. p. 118.
  10. ↑ G.Bottazzini, C.Fontanelli, Piacenza90: partite, protagonisti, immagini, GEO Edizioni, pag.118
  11. 1 2 3 4 "È morto Puppo, allenò la Juve". La Stampa (en italiano). 18 de outubro de 1986. p. 22.
  12. ↑ "Puppo è giunto a Siracusa". Il Corriere dello Sport (en italiano). 4 de agosto de 1962. p. 7. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
  13. ↑ "Achilli sostituisce il piacentino Puppo alla guida del Venezia". Libertà (en italiano). 26 de febreiro de 1964. p. 5.
  14. ↑ "Sandro Puppo D.T. della Triestina". Libertà (en italiano). 30 de xullo de 1964. p. 5.
  15. 1 2 3 Gentilotti, P.; Rubini, G. (2011). Dal Farnese a Barriera Genova (en italiano) 3. Libertà. p. 156.
  16. ↑ "Equipo do Piacenza na tempada 1966/67". storiapiacenza1919.it (en italiano). Consultado o 20 de febreiro de 2022.
  17. ↑ "Equipo do Piacenza na tempada 1967/68". storiapiacenza1919.it (en italiano). Consultado o 20 de febreiro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]