Saltar ao contido

Río Ruhr

Río Ruhr
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Conca hidrográfica
 Desembocadura
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa viario
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   217 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie cunca hidrográfica
   4.485 km² Editar o valor en Wikidata
 Caudal
   79 m³/s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap364754 Editar o valor en Wikidata
VIAF239445365 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0nl1l Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Estación fluvial en Mülheim an der Rhein

O Ruhr é un río da Alemaña, afluente do Rhin pola súa beira dereita. Ten unha lonxitude de curso de 221,2 km, cun caudal medio de 79 m³/s preto da súa foz en Duisburgo, o que o torna no quinto afluente do Rhin polo seu fornecemento de augas. Tal caudal é semellante ao do inglés río Támese.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Ruhr ten un curso de sentido leste - oeste. Nace na rexión montañosa do Sauerland, na Renania do Norte-Westphalia (Nordrhein-Westphalen), a unha altitude de 670 m. Logo dun curso de máis de 100 km a través do Sauerland, recibe o seu tributario principal, o Lenne, ao sur da cidade de Dortmund. De seguido forma o límite meridional da coñecida rexión industrial do Ruhr, densisimamente poboada (posto 42º na lista des megalópoles, con máis de 6 millóns de habitantes).

[editar | editar a fonte]

O Ruhr é navegábel en 41 km, desde Mülheim an der Ruhr até Essen-Rellinghausen.

A conca ou bacía do Ruhr cobre 4.485 km².

Afluentes

[editar | editar a fonte]

O máis importante dos seus tributarios é o río Lenne, que recibe pola marxe esquerda, e que alcanza 121,2 km de longo.

Cidades que atravesa

[editar | editar a fonte]

O Ruhr baña primeiro as cidades de Meschede, Arnsberg, Wickede, Fröndenberg, Holzwickede, Iserlohn e Schwerte.

Logo o seu curso marca o límite meridional da área do Ruhr area, pasando polas cidades de Hagen, Dortmund, Herdecke, Wetter, Witten, Bochum, Hattingen, Essen, Mülheim e mais Duisburgo, onde se xunta co Rhin.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]