Saltar ao contido

Nintendo Entertainment System

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nintendo Entertainment System
 Título
    Famirī Konpyūta (ja) Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
NES (mul)
Famicom (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Características
 Obra derivada
 Marca
 Servizo en liña
 Procesador
 Memoria
2 kB Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Datas
 Data de publicación
Historia
 Precedido por
Color TV Game (pt) Traducir (1977 - ) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
 Nomeamentos
Localización
 País
Cifras e dimensións
 Prezo
199,99 $ (1983)
14.800 ¥ (1983) Editar o valor en Wikidata
 Unidades vendidas
   61.910.000 (2022) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05j0w Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Nintendo Entertainment System, ou NES, é unha videoconsola de 8 bits de Nintendo que saíu á venda en América do Norte, Brasil, Europa, Asia e Australia. O equivalente no Xapón é coñecido como Nintendo Family Computer (任天堂ファミリーコンピュータ), ou Famicom (ファミコン). A NES foi a videoconsola de máis éxito do seu tempo, tanto en Asia coma en Norteamérica, e axudou a revitalizar a industria dos videoxogos seguindo o vídeo game crash of 1983, e estableceu os estándards para as seguintes consolas tanto no deseño de videoxogos (tivo o primeiro xogo de plataformas, Super Mario Bros). Foi o primeiro grande éxito da consola. A NES foi a primeira consola na que o fabricante optou por permitir o desenvolvemento de xogos por terceiros.

Aproveitando o éxito das series de xogos arcade no comezo dos 80, Nintendo fixo plans para producir a súa propia videoconsola con cartuchos renovables, unha característica que non estaba incluída nos primeiros produtos da compañía.

A NES foi deseñada por Masayuki Uemura e foi posta á venda no Xapón o 15 de xullo de 1983. A Nintendo Family Computer (Famicom) non tivo moito éxito nun primeiro momento: Durante o seu primeiro ano, foi amplamente criticada alegando que a consola era pouco fiable e moi propensa aos erros de programación e constantes avarías. Non obstante, tras un cambio na placa base, a popularidade da Famicon disparouse converténdose na consola mellor vendida no Xapón cara a finais do 1984. Animados polo seu éxito, Nintendo axiña comezou a mirar cara ao mercado norteamericano.

Nintendo comezou a negociar con Atari para sacar á venda a Famicom baixo a marca de Atari. Esta chamaríase "Nintendo Enhanced Video System." Este acordo rematou finalmente[1], e Atari decidiu centrarse na súa propia consola de nova xeración de 8 bits, a Atari 7800.[2]

O resto da década, Nintendo foi o incontestable líder no mercado de xogo americano e xaponés, e os seus títulos de xogo romperon récords de vendas. Mais, a consola non acadou o mesmo nivel de éxito no resto do mundo occidental. En Europa e Australia, o sistema foi dividido en dúas rexións separadas de mercado (A e B). Mattel tomou a distribución na rexión A, a que consistía no Reino Unido, Australia, e Italia. A distribución na rexión B, que consistía no resto do continente europeo, foi tomada por varias compañías diferentes, con Nintendo responsable da distribución da maioría dos cartuchos.

  1. ↑ debido a que Atari pechou as negociacións con Nintendo en resposta á saída por parte de Coleco dunha versión sen licenza do Donkey Kong para o seu sistema Coleco Adam. Aínda que o xogo foi producido sen o permiso nin o soporte de Nintendo, Atari tomou isto coma un sinal de que Nintendo estaba tratando cun dos seus maiores competidores.
  2. ↑ "The History of the Nintendo Entertainment System or Famicom". Nintendo Land. Arquivado dende o orixinal (http) o 23 de outubro de 2006. Consultado o 12 de febreiro de 2006.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]