Saltar ao contido

Monte Binga

Monte Binga
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Cordilleira
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Altitude
   2.436 m Editar o valor en Wikidata
 Prominencia topográfica
   1.346 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/026hcll Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Monte Binga é o punto de maior altitude de Mozambique, con 2.436 m.s.n.m.

Situación

[editar | editar a fonte]

Está situado na provincia de Manica, no oeste do país, moi preto da fronteira con Zimbabwe, e á latitude aproximada da cidade de Chimoio, da que dista uns 100 km. Forma parte das elevacións meridionais do Great Rift Valley, a enorme falla que percorre a África Oriental de norte a sur. O Binga pode considerarse como unha continuación das cadeas montañosas de Zimbabwe, que se prolongan cara a Mozambique.

Protección

[editar | editar a fonte]

A montaña está encadrada nos lindes setentrionais do Parque Nacional de Chimanimani, compartido co veciño país de Zimbabwe. Da súa área total, 1.756 km² están en territorio mozambicano.

As guías turísticas recomendan tentar a ascensión do Monte Binga durante a estación seca e tomar previsións sanitarias, pois o hospital máis próximo fica en Chimoio, con condicións dificultosas de comunicación.