Mona Imai
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1978 Tokyo |
| Residencia | Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | tradutora |
| Premios | |
Mona Imai, nada en Tokyo[1] en 1978[Cómpre referencia], é unha tradutora profesional de orixe nipoa residente en Vigo[1] e coñecida por verter libros da literatura xaponesa cara ao galego e ao castelán. É licenciada en Ciencias do Mar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre as súas traducións ao galego, destacan autores como Haruki Murakami, Junichiro Tanizaki, Takeshi Kitano, Banana Yoshimoto, Yasunari Kawabata[2] ou Natsume Soseki, cuxa versión de Botchan, foi a obra distinguida en 2015 co premio Plácido Castro á mellor tradución[3]. As editoriais galegas coas que traballa habitualmente son editorial Galaxia (en tándem co tradutor galego Gabriel Álvarez Martínez) e Rinoceronte Editora.
Obras traducidas
[editar | editar a fonte]Do xaponés ó galego
[editar | editar a fonte]- A casa das belas adormentadas, de Yasunari Kawabata (Rinoceronte Editora, 2007).
- Kitchen, de Banana Yoshimoto (Rinoceronte Editora, 2008).
- Tras do solpor, de Haruki Murakami (Editorial Galaxia, 2008) con Gabriel Álvarez Martínez.
- Do que estou a falar cando falo de correr, de Haruki Murakami (Editorial Galaxia, 2009) con Gabriel Álvarez Martínez.
- 1Q84 (Libros 1&2), de Haruki Murakami (Editorial Galaxia, 2010) con Gabriel Álvarez Martínez.
- Eloxio da sombra, de Junichiro Tanizaki (Rinoceronte Editora, 2010) con Gabriel Álvarez Martínez.
- Botchan, de Natsume Soseki (Rinoceronte Editora, 2010).
- 1Q84 (Libro 3), de Haruki Murakami (Editorial Galaxia, 2011) con Gabriel Álvarez Martínez.
- Kikujiro e Saki, de Takeshi Kitano (Rinoceronte Editora, 2012).
- O maletín do mestre, de Hiromi Kawakami (Rinoceronte Editora, 2012).
Do galego ó xaponés
[editar | editar a fonte]- A arte do fracaso, de Berta Dávila (Rinoceronte Editora, 2014) con Megumi Shiozawa.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Una japonesa residente en Vigo traduce a Murakami". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de setembro de 2011. Consultado o 22 de setembro de 2025.
- ↑ Obras de Imai en LG3 Arquivado 13 de xuño de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ Acta da reunión do xurado do Premio de tradución Plácido Castro 2014 Pontevedra
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jaureguizar (2009-03-11). "Mona Imai: 'O que máis me custa da lingua galega é coller a retranca. A xaponesa é moito máis directa'". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2025-10-02.
- Noemí Rey: «Unha viaxe a Xapón a través das verbas», DUVI, 21 de setembro de 2011.