Saltar ao contido

Mass Effect 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mass Effect 3
 Título
    Mass Effect 3 (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Representa a
 Época ambientación
 Universo ficticio
 Franquía de medios
 Motor gráfico
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
6 de marzo de 2012 Editar o valor en Wikidata
 Anuncio
12 de decembro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Unidades vendidas
   890.000 (2012) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04f2mnn Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
89/100 Metacritic
89/100 CriticDB
88/100 Kritikanstvo
89/100 CriticDB Editar o valor en Wikidata
Clasificación
PEGI
CERO
USK
IMDB: tt1839558 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Mass Effect 3 é un videoxogo de ciencia ficción, rol e shooter de 2012 desenvolvido por BioWare e publicado por Electronic Arts para Microsoft Windows, Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U.[1][2] Anunciado oficialmente o 11 de decembro de 2010,[3][4] foi publicado o 6 de marzo de 2012[5][6] sendo o capítulo final na triloxía Mass Effect, completando a historia do Comandante Shepard.[7][8] A versión para Wii U anunciouse na conferencia de Nintendo da Electronic Entertainment Expo de 2012.[9] A adaptación para Wii U foi desenvolvida por Straight Right[10] e publicada baixo o título Mass Effect 3: Special Edition.[11]

O sistema de combate de Mass Effect 3 foi modificado dende os títulos previos. O sistema de cobertura foi mellorado, engadíronse mortes instantáneas en combate corpo a corpo, granadas de tipo máis convencional e unha intelixencia artificial mellorada. Tamén se incluíu un modo cooperativo multixogador para catro xogadores.[12] A historia de Mass Effect 3 cambia substancialmente dependendo das decisións tomadas polo xogador en Mass Effect e Mass Effect 2 ao importar unha partida gardada dende este último.

Mass Effect 3 tivo grande éxito comercial e recibiu boas críticas dos medios. Porén, os posibles finais da historia do xogo recibiron as críticas de moitos xogadores, o que contribuíu a que Bioware publicase un contido descargable gratuíto que elaboraba as consecuencias da decisión tomadas polo xogador ao escoller o final e máis durante toda a serie, así coma aclarando varias dúbidas no argumento. O xogo foi nomeado a cinco premios Spike de 2012, gañando o de Mellor Xogo de Rol.[13]

  1. ↑ "Mass Effect 3 and the little-known company behind the Wii U game" (en inglés). Polygon. 7 de setembro de 2012. Consultado o 4 de febreiro de 2015.
  2. ↑ Johnny Cullen (12 de decembro de 2010). "Mass Effect 3 confirmed for 360, PC and PS3". VG247. Consultado o 9 de decembro de 2010.
  3. ↑ "Mass Effect 3 Trailer Finally Revealed at VGAs". Game Rant. Consultado o 2012-01-05.
  4. ↑ Gilbert, Ben (2010-12-11). "Mass Effect 3 officially revealed (no, seriously this time)". Joystiq. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2015. Consultado o 2012-01-05.