Saltar ao contido

Les Guilleries

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Les Guilleries
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Cordilleira
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Altitude
   1.202 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0dgqz9r Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Les Guilleries é un macizo situado no nordés de Cataluña, no vértice entre a Cordilleira Prelitoral e a Cordilleira Transversal, formando parte das dúas. Está no límite entre as comarcas da Selva e Osona, pertencentes ás provincias de Xirona e Barcelona respectivamente, preto da localidade de Sant Hilari Sacalm.

Trátase dun macizo poboado de aciñeiras e algunhas sobreiras, de carácter mediterráneo, e carballos e faias, de carácter eurosiberiano, aínda que moitos deles foron substituídos por áreas forestais, principalmente piñeiros e abetos.

O seu pico principal é Sant Miquel de Solterra ou les Formigues (1.204 m). Nos seus arredores atópanse os encoros de Sau e Susqueda, no río Ter. O río Onyar e o Sot de la Noguerola teñen as súas fontes no macizo.