Kyle XY
Kyle XY é unha serie de televisión estadounidense de ficción científica creada por Eric Bress e J. Mackye Gruber e producida por ABC Studios. O personaxe central é un adolescente (Matt Dallas) que esperta espido nun bosque nas aforas de Seattle, Washington, con amnesia e sen embigo. Unha familia acólleo e pónlle o nome de Kyle; a serie segue os seus intentos de resolver o misterio de quen é e de por que non ten ningún recordo anterior a ese día. Aínda que a historia está ambientada en Seattle, a serie rodouse na zona de Vancouver, na Columbia Británica.
A serie estreouse o 26 de xuño de 2006 na canle de cable ABC Family, cunha audiencia de 2,64 millóns de telespectadores.[1] Emitiuse durante tres tempadas, ata o 16 de marzo de 2009,[2][3] sen ser renovada para unha cuarta. O episodio final deixou varios cabos soltos, que acabaron resolvéndose nun contido extra do DVD da terceira tempada.[4][5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Kyle (Matt Dallas) é un rapaz de 16 anos que esperta nun bosque nas aforas de Seattle, espido e envolto nunha viscosa substancia rosa. Actúa coma se acabase de nacer: non sabe falar e descoñece o mundo no que acaba de desembarcar. É especial tamén porque, por algunha razón descoñecida, non posúe embigo. Ademais, incluso antes de coñecer as cousas, decátase do que está ben e do que non, posúe unha capacidade de aprendizaxe e dedución moi superior ao normal e unha grande habilidade física.
Cando a policía o atopa, lévao a un centro de internamento de menores. Nel traballa Nicole Trager (Marguerite MacIntyre), unha psicóloga que, nun afán de axudalo, decide levalo á súa casa á espera de que sexa reclamado. Ninguén o fai, e ela decide, ademais de tratalo, apoialo en todo o posible e mesmo que se quede a vivir coa súa familia. Pouco a pouco danse conta de que Kyle non é un ser ordinario e de que ten capacidades sorprendentes. Xa no seu novo fogar, Kyle deberá aprender como se comporta o ser humano e afrontar os problemas que se precipitan sobre el. A isto súmase un home que se mantén en segredo, vixiándoo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]
Principais
[editar | editar a fonte]- Matt Dallas - Kyle Trager
- Marguerite MacIntyre - Nicole Trager
- Bruce Thomas - Stephen Trager
- April Matson - Lori Trager
- Jean-Luc Bilodeau - Josh Trager
- Chris Olivero - Declan McDonough
- Kirsten Prout - Amanda Bloom
- Jaimie Alexander - Jessi Hollander (tempadas 2 e 3)
Recorrentes
[editar | editar a fonte]- Chelan Simmons - Hillary
- Nicholas Lea - Tom Foss
- Teryl Rothery - Carol Bloom
- Cory Monteith - Charlie Tanner (tempadas 1 e 2)
- J. Eddie Peck - Adam Baylin (tempadas 1 e 2)
- Sarah-Jane Redmond - Rebecca Thatcher (tempadas 1 e 2)
- Andrew Jackson - Cyrus Reynolds (tempadas 1 e 2)
- Bill Dow - Profesor William Kern (tempadas 1 e 2)
- Kurt Max Runte - Detective Jason Breen (tempada 1)
- Magda Apanowicz - Andy Jensen (tempadas 2 e 3)
- Martin Cummins - Brian Taylor (tempada 2)
- Ally Sheedy - Sarah Emerson (tempadas 2 e 3)
- Leah Cairns - Emily Hollander (tempada 2)
- Conrad Coates - Julian Ballantine (tempada 2)
- Josh Zuckerman - Mark (tempadas 2 e 3)
- Jesse Hutch - Nate Harrison (tempada 3)
- Hal Ozsan - Michael Cassidy (tempada 3)
Episodios
[editar | editar a fonte]A serie consta de 43 episodios repartidos en tres tempadas: a primeira, de 10 capítulos, a segunda, de 23, e a terceira e derradeira, doutros 10.[2][3]
Emisión en España
[editar | editar a fonte]En España, a cadea Cuatro mercou os dereitos da serie e estreouna o 19 de setembro de 2007, en sesión dobre dentro do seu prime time dos mércores.[6] O capítulo piloto reuniu 2.339.000 espectadores (13,6% de cota de pantalla) e o segundo subiu ata o 16,4% (2.606.000), un gran estreo para a cadea.[7] Anos despois emitiuse tamén en España polas canles Sci Fi, MTV e Disney Channel.
Música
[editar | editar a fonte]A banda sonora da primeira tempada de Kyle XY saíu á venda o 22 de maio de 2007 nos Estados Unidos. O supervisor musical da serie foi Chris Mollere, e Michael Suby compuxo o tema de cabeceira e a maior parte da música incidental, aínda que o seu traballo non se incluíu no álbum. As cancións do disco son:
- Hide Another Mistake - The 88
- Nevermind the Phonecalls - Earlimart
- Surround - In-Flight Safety
- I'll Write the Song, You Sing - Irving
- Wonderful Day - O.A.R.
- Bug Bear - Climber
- Honestly - Cary Brothers
- So Many Ways - Mates of State
- Middle Of the Night - Sherwood
- Alibis - Marianas Trench
- It's Only Life - Kate Voegele
- 3 A.M. - Sean Hayes
- Born On the Cusp - American Analog Set
- Will You Remember Me (Lori's Song) - April Matson
Edicións en DVD
[editar | editar a fonte]| Tempada | Título do DVD | Rexión 1 | Rexión 2 | Rexión 4 |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Kyle XY: The Complete First Season – Declassified (3 discos, 10 episodios) | 22 de maio de 2007[8] | 4 de agosto de 2008[9] | 3 de decembro de 2008[10] |
| 2 | Kyle XY: The Complete Second Season – Revelations (6 discos, 23 episodios) | 30 de decembro de 2008[11] | — | 11 de marzo de 2009 (4 discos cos primeiros 13 episodios)[12] |
| 3 | Kyle XY: The Complete Third and Final Season (3 discos, 10 episodios) | 22 de decembro de 2009[13] | — | 4 de novembro de 2009 (Full Disclosure)[14] |
Os extras das edicións inclúen versións alternativas do primeiro e do derradeiro episodio da primeira tempada, escenas eliminadas, comentarios de son, o documental The Science of Kyle XY e, no derradeiro volume, Kyle XY: Future Revealed, o especial que resolve os cabos soltos do final da serie.
Acollida
[editar | editar a fonte]Audiencia
[editar | editar a fonte]Kyle XY foi a serie orixinal con mellor audiencia da canle ABC Family de xuño de 2006 a xullo de 2008, cando a superou a estrea de The Secret Life of the American Teenager, con 2,8 millóns de telespectadores.[15] A estrea da terceira tempada rexistrou 1,5 millóns de telespectadores, un 33% menos que a da segunda,[3][16] e a maioría das series de ABC Family superaron xa os seus datos.[3] O segundo episodio baixou a 1.426.000 telespectadores.[17]
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]| Ano | Premio | Categoría | Nomeado(s) | Resultado |
|---|---|---|---|---|
| 2006 | Teen Choice Awards | Mellor serie do verán | Kyle XY | Nomeada |
| 2007 | Teen Choice Awards | Mellor serie dramática | Kyle XY | Nomeada |
| Revelación en televisión | Matt Dallas | Nomeado | ||
| TCA Awards | Mellor programa infantil e xuvenil | Kyle XY | Gañadora[18][19] | |
| Artios Awards | Mellor casting de programas infantís de televisión | Robert J. Ulrich, Eric Dawson, Carol Kritzer, Wendy O'Brien, Coreen Mayrs e Heike Brandstatter | Nomeados[20] | |
| Premios Saturn | Mellor actor de televisión | Matt Dallas | Nomeado[21] | |
| Mellor serie de televisión por cable ou sindicada | Kyle XY | Nomeada[21] | ||
| 2008 | Premios Saturn | Mellor actor de televisión | Matt Dallas | Nomeado[22] |
| Mellor actriz secundaria de televisión | Jaimie Alexander | Nomeada[22] | ||
| Mellor serie de televisión por cable ou sindicada | Kyle XY | Nomeada[22] | ||
| GLAAD Media Awards | Episodio individual (nunha serie sen personaxes LGBT fixos) | "Free To Be You and Me" | Nomeado[23] |
Outros medios
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]Publicáronse dúas novelas baseadas na serie, ambas escritas por S. G. Wilkins. A primeira, Kyle XY: Nowhere to Hide, xira ao redor do primeiro Halloween de Kyle; a segunda, Kyle XY: Under the Radar, céntrase nas eleccións a presidente dos estudantes do instituto, nas que Kyle se presenta como candidato.
Xogo de realidade alternativa
[editar | editar a fonte]Durante a primeira tempada, Kyle XY tivo un xogo de realidade alternativa en liña no que os xogadores eran «convidados» a axudar a resolver o misterio da verdadeira identidade de Kyle. ABC Family e Touchstone mantiñan unha páxina web da ficticia empresa The Mada Corporation,[24] que servía de porta de entrada ao universo do xogo, mais o proxecto rematou durante a segunda tempada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Walt Disney Company (ed.). "Kyle XY (television)". D23 (en inglés).
- 1 2 Ausiello, Michael (31 de xaneiro de 2009). "ABC Family Pledges More 'Greek,' 'Lincoln Heights,' Cancels 'Kyle XY'". EW.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2009. Consultado o 1 de outubro de 2014.
- 1 2 3 4 "Kyle XY: ABC Family TV Show Cancelled, No Season Four". TVSeriesFinale.com (en inglés). 31 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño de 2009. Consultado o 1 de outubro de 2014.
- ↑ "Writer/co-producer Julie Plec answers questions about the 'Kyle XY' finale". ABC Family (en inglés). 7 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2009. Consultado o 20 de marzo de 2009.
- ↑ "Kyle XY will "mini" wrap-up on season three DVD". CliqueClack.com (en inglés). 11 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 11 de setembro de 2009.
- ↑ "Así es 'Kyle XY', la nueva apuesta de Cuatro para el prime time de los miércoles". FormulaTV (en castelán). 18 de setembro de 2007. Consultado o 6 de novembro de 2026.
- ↑ "'Kyle XY' debuta con gran éxito en Cuatro". FormulaTV (en castelán). 20 de setembro de 2007. Consultado o 6 de novembro de 2026.
- ↑ "Kyle XY: The Complete First Season (2006)". Amazon (en inglés). 22 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2012.
- ↑ "Kyle XY – Complete Series 1 [DVD]". Amazon.co.uk (en inglés). 4 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 21 de outubro de 2012.
- ↑ "Kyle XY – The Complete 1st Season: Declassified (3 Disc Set)". EzyDVD (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2012.
- ↑ "Kyle XY: The Complete Second Season (2009)". Amazon (en inglés). 30 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2012.
- ↑ "Kyle XY – The Complete 2nd Season: Revelations (4 Disc Set)". EzyDVD (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2012.
- ↑ "Kyle XY: The Complete Third and Final Season (2010)". Amazon (en inglés). 22 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2012.
- ↑ "Kyle XY – The 3rd Season: Full Disclosure (3 Disc Set)". EzyDVD (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2012.
- ↑ "Millions of viewers tune-in to discover who is 'Kyle XY'" (PDF). ABC FamilyNet (en inglés). 27 de xuño de 2006. Consultado o 2 de xullo de 2006.
- ↑ Hibberd, James (13 de xaneiro de 2009). "'Kyle XY' Debut Disappoints; 'Real Chance' Soars". The Live Feed (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2009. Consultado o 8 de febreiro de 2009.
- ↑ Seidman, Robert (27 de xaneiro de 2009). "Obama Inauguration, WWE RAW and Burn Notice Lead Weekly Cable Viewing". TVbytheNumbers (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2014.
- ↑ Adalian, Josef (22 de xullo de 2007). "'Friday' takes a top TCA Award". Variety (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2023. Consultado o 24 de marzo de 2023.
- ↑ "TCA Awards The Office Top Comedy Prize". MTV (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2023. Consultado o 24 de marzo de 2023.
- ↑ Parkinson, Gretta (3 de outubro de 2007). "Casting Society unveils Artios noms". The Hollywood Reporter (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2023.
- 1 2 "Superman Returns Leads the 33rd Annual Saturn Awards with 10 Nominations". MovieWeb (en inglés). 21 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2023.
- 1 2 3 Kilday, Gregg (21 de febreiro de 2008). "'300' leads Saturn nominations". The Hollywood Reporter (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2023.
- ↑ "GLAAD Announces Nominees for Annual Media Awards". The Advocate (en inglés). 23 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2023.
- ↑ "Mada Corporation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2006.