Saltar ao contido

Illa de Awaji

Illa de Awaji
 Nome orixinal
    淡路島 (ja) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua usada
Localización
 Situado en
 Localización
 Bañado por
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   157.000 (2005) Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   24 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   54 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   592 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   606 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   607,9 m Mount Yuzuruha (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap4730658 Editar o valor en Wikidata
VIAF246274318 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/021927 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A illa de Awaji (淡路島, あわじしま, Awaji-shima) é unha illa de 592,1 km² situada na prefectura de Hyōgo, no Xapón. Atópase no leste do mar interior de Seto, entre as illas de Honshū e de Shikoku. Sumoto é a vila principal da illa. Ata a época meiji a illa constituíu unha provincia propia, a provincia de Awaji desde o século VII. Era parte de Nankaido.

É lugar de tránsito entre estas dúas illas, Awaji originalmente significa "o camiño á provincia de Awa". Awaji tamén se escribe como ??.

Xeograficamente atópase separada de Honshu polo estreito de Akashi, de Shikoku polo estreito de Naruto. Desde 1998 atópase conectada a Honshu polo Ponte Akashi Kaikyō. Desde a inauguración da Autoestrada Kobe Awaji Naruto, é a terra máis oriental enlace entre Honshu e Shikoku. Non hai ningún aeroporto en Awaji.

A illa consta de tres municipalidades:

A falla Nojima, responsable do Gran Terremoto de Hanshin de 1995, cruza ao longo da illa. Unha sección da falla preservouse e converteuse no Museo da Falla Nojima, móstranos como o movemento do chan curta a través de camiños, valados e outros elementos. Fóra desta área protexida, a zona da falla é menos visible, excepto por algunhas rarezas en equipos (por exemplo, algunha gabia ten unha dobrez peculiar cando a falla alcanza a súa posición).

Unha das máis famosas atraccións da illa son os Remuiños Naruto que se forman no estreito entre Naruto na prefectura de Tokushima e a Illa Awaji.

O Teatro de Marionetas de Awaji, é unha forma tradicional de teatro de marionetas ó ningyō jōruri do que se cre que deriva o drama de marionetas Bunraku de Osaka, fanse varias actuacións diariamente nas súas propias instalacións na Cidade Nandan na parte sur da illa. Os espectáculos de marionetas de Awaji, que escenifican dramas populares tradicionais, pero afunden as súas raíces en rituais relixiosos, gozou dunha gran popularidade localmente e saíu de xira internacional, polos Estados Unidos, Rusia e numerosos países máis.

A ponte de Akashi une a illa Awaji coa illa Honshu.

De acordo cos mitos antigos, Awaji foi a primeira das illas do Xapón que crearon os dous deuses ó kami, Izanagi e Izanami. O 17 de xaneiro de 1995 a illa foi o epicentro dun terremoto.

Localización da illa de Awaji