GNU Hurd consiste nunha serie de protocolos e procesos de servidor (ou daemons) que se executan no microkernel GNU Mach.[5] Hurd intenta superar en funcionalidade ao kernel de Unix, e en estabilidade, máis sen perder a compatibilidade con este. O Proxecto GNU, con desenvolvedores a favor desde a década dos 1980, escolleu a opción de ser multiservidor pola aparente vantaxe sobre das arquitecturas traducionais monolíticas de Unix.[4]
Thomas Bushnell, do alcume BSG e o primeiro arquitecto do Hurd dixo en 1991, describiu a Hurd como unha acrimonia mutuamente recursiva:[6]
É tempo de explicar que é "Hurd". "Hurd" significa «Hird of Unix-Replacing Daemons» [daemons Hird, ou o caseiro, para a substitución en Unix]. E, co cal, "Hird" significa «Hurd of Interfaces Representing Depth» [Hurd para a representación profunda das interfaces]. Aquí temos, ata onde eu entendo, o primeiro software que recibe o nóme dun mutuo par de acrónimos recursivos
Thomas Bushnell
O logotipo son as caixas Hurd e reflicten a arquitectura do sistema. No logo móstranse os noodos dos servidores do núcleo de Hurd e a comunicación entre eles, por pontes directas entre procesos ou mensaxes IPCs.[6]
GNU Hurd é unha colección de servidores que corren no microkernelMach para poñer en funcionamento sistemas de ficheiros, protocolos de rede, control de acceso a ficheiros, e outras funcións que están postas en funcionamento polo kernel Unix ou por kernels similares (coma o Linux). O Proxecto GNU estívose desenvolvendo dende 1990 como software libre, distribuíndose baixo a licenza GPL. Hurd intenta superar ós kernel tipo Unix en canto a funcionalidade, seguridade e estabilidade, aínda manténdose compatible con eles. Isto lógrase grazas a que Hurd pon en funcionamento a especificación POSIX, entre outras, pero eliminando as restricións arbitrarias ós usuarios.
GNU Hurd está orientado a ter unha programación e un ambiente de usuario familiares para múltiples propósitos. O Hurd utiliza desenvolvemento para plataformas IA-32, i686 en Assembly e C. Coa librería de C para GNU deséñanse as liñas estándar coma as ANSI/ISO, BSD, POSIX, Single Unix, SVID, e a X/Open. Hurd ten unha estrutura orientada a obxectos.[Cómpre referencia] As interfaces do Hurd están deseñadas para permitir redes agrupadas (colectivas), aínda que esta función aínda non foi posta en funcionamento.
↑Os microkernels defínense núcleos de sistemas operativos que relegan a funcionalidade tradicional dun sistema operativo a procesos ordinarios de usuarios, implementando só as pezas necesarias para esa externalización.
↑"GNU Hurd". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2011. Consultado o 2017-07-26.