Saltar ao contido

Hitra

Hitra
 Xentilicio
hitterværing (nb)
hitterværing (nn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Lista do elemento
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Forma xurídica
kommune (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Industria
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Mayor of Hitra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ole Laurits Haugen (2007 - ) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1964 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Substitúe
Q11975463 Traducir (1838 - 1964)
Fillan Municipality (en) Traducir (1886 - 1964)
Sandstad municipality (en) Traducir (1914 - 1964)
Kvenvær Municipality (en) Traducir (1913 - 1964) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Trøndelag (pt) Traducir, Noruega Editar o valor en Wikidata
 Situado na entidade xeográfica
 Capital
Fillan (en) Traducir (1964 - ) Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
Frøya (pt) Traducir
Aure (pt) Traducir
Smøla (pt) Traducir
Orkland Municipality (en) Traducir
Hemne (pt) Traducir
Agdenes (pt) Traducir
Snillfjord (pt) Traducir
Ørland (pt) Traducir
Heim Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
4.622 (2016) censo
5.050 (2020) National Population Register (en) Traducir
5.140 (2021) National Population Register (en) Traducir
5.156 (2022) National Population Register (en) Traducir
5.281 (2023) National Population Register (en) Traducir
5.323 (2024) National Population Register (en) Traducir
5.414 (2025) National Population Register (en) Traducir
5.568 (2026) National Population Register (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
2.187 (2018)
130 (2018)
122 (2018)
89 (2018)
1.720 (2018)
126 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
   990 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
755,89 km² masa de terra, illa
0 km² neve, xeo, glaciar
40,2 km² lago
354,94 km² open area (en) Traducir
1.546,29 km² total
0,32142103156648 km² outro
0,42 km² río, corga
230,06 km² bosque
113,32 km² Turbeira
0,55 km² aglomeración urbana
15,96 km² terra arábel
0 km² polígono industrial
0 km² polígono industrial
12,467230299976 km² terra arábel
717,3033928533 km² Augas territoriais
325,30031357993 km² open area (en) Traducir
1.397,6926186275 km² total
680,38922577419 km² masa de terra, illa
0,49840580550992 km² aglomeración urbana
0 km² neve, xeo, glaciar
0,37093772118405 km² río, corga
36,135881343724 km² lago
195,69430205398 km² bosque
109,60073393832 km² Turbeira
0,43 km² outro Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   344,9 m Mørkdalstuva (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap405264 Editar o valor en Wikidata
VIAF2147423182144882892 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0189m1 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: Hitrakommune Twitter: hitrakommune Instagram: hitrakommune Youtube: UCAgEm2BAAon8WAshitFZwrg Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Hitra é un municipio e illa no condado de Sør-Trøndelag, Noruega. O municipio cobre a illa de Hitra e varias illas máis pequenas, e forma parte da rexión de Fosen. O centro administrativo do municipio é a vila de Fillan. Outras vilas son Andersskogan, Ansnes, Forsnes, Hestvika, Knarrlagsund, Kvenvær, Melandsjøen, Nordbotn, Sandstad e Ulvan.

Cunha superficie de 571´5 km², a illa de Hitra é a sétima illa máis grande na parte continental de Noruega, e a illa máis grande ao sur do Círculo Polar Ártico. O municipio con 685´44 km² é o 163º máis grande por superficie dos 426 municipios de Noruega. Hitra é o 215º municipio máis poboado de Noruega cunha poboación de 4,659 habitantes. A densidade de poboación do municipio é 7´2 km² e a súa poboación aumentou nun 15´7% na última década.[1]

Hitra é famosa en Noruega pola súa gran e densa poboación de cervos comúns (como se simboliza no seu escudo de armas - ver imaxe á dereita). Hitra é membro da International Island Games Association.

Información xeral

[editar | editar a fonte]
Hopsjøbrygga, Hitra

Hitra estableceuse como municipio o 1 de xaneiro de 1838 (ver formannskapsdistrikt). O 1 de xaneiro de 1877, o distrito norte de Frøxa (poboación: 3.949) separouse de Hitra para formar un municipio propio. O 1 de xaneiro de 1886, as partes sur e oriental de Hitra separáronse nun novo municipio Fillan. Isto deixou a Hitra con 2.241 residentes. Logo, o 1 de xaneiro de 1913, a parte occidental de Hitra separouse para formar o novo municipio de Kvenvær. Isto deixou a Hitra con 1.439 residentes. O 1 de xaneiro de 1964, os municipios de Hitra, Kvenvær, Fillan, e Sandstad fusionáronse para formar o novo municipio máis grande de Hitra. Antes da fusión, Hitra tiña 1.344 residentes.[2]

O 1 de xaneiro de 2020, a illa de Hemnskjela e a esquina noroeste do municipio continental de Snillfjord fusionaranse en Hitra.[3][4]

A forma nórdica antiga do nome era Hitr. O nome probablemente derívase dunha palabra co significado "división" ou "hendidura" (refírese ás moitas entradas da illa). Ata 1918, o nome da illa e o municipio se deletreaba "Hitteren".[5]

Escudo de armas

[editar | editar a fonte]

O escudo de armas é dos tempos modernos. Foron concedidos o 7 de agosto de 1987. As armas mostran a cabeza dun cervo común en prata sobre un fondo azul. Simboliza unha das maiores poboacións de cervos vermellos de Europa do norte que se atopa no municipio.[6]

Escudo de armas de Hitra

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista de Hitra
Entrada ao túnel de Hitra

Hitra é a sétima illa máis grande da parte continental de Noruega, e está bordeada por Frøxa ao norte. Atópase entre Trondheimsleia e Frøyfjorden. Con 345 m de alto Mørkdalstuva é o punto máis alto da illa.

Separadamente da illa grande de Hitra, hai moitas outras illas no municipio, destacan Fjellværsøxa, Ulvøxa, Dolmøxa, Helgbustadøxa, e Bispøyan. O faro de Børøyholmen e o faro de Terningen atópanse en Trondheimsleia na parte sueste do municipio de Hitra.

Transporte

[editar | editar a fonte]
Paisaxe de Hitra con aeroxeradores, preto de Straum

A compañía Kystekspressen ten servizos de westamaran desde Trondheim e Kristiansund. O túnel submarino de 5.610 m de longo chamado Hitratunnelen conecta Hitra co continente ao sur e o Frøxa Tunnel de 5.305 m. de longo conecta Hitra con Frøxa cara ao norte.

Hai un parque eólico na parte central da illa, Hitra Wind Farm, fundado en 2004, que ten 24 turbina eólicas que producen un total de 55 MW.

  1. ↑ Statistisk sentralbyrå (2017). "Table: 06913: Population 1 January and population changes during the calendar year (M)" (en Norwegian). Consultado o 2017-10-05.
  2. ↑ Jukvam, Dag (1999). "Historisk oversikt over endringer i kommune- og fylkesinndelingen" (PDF) (en Norwegian). Statistisk sentralbyrå.
  3. ↑ "Velkommen Snillfjordinger" (en Norwegian). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2017. Consultado o 2017-10-05.
  4. ↑ "Veien videre- Hitra, Snillfjord" (en Norwegian). Snillfjord kommune. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2017-10-05.
  5. ↑ Rygh, Oluf (1901). Norske gaardnavne: Søndre Trondhjems amt (en Norwegian) (14 ed.). Kristiania, Norge: W. C. Fabritius & sønners bogtrikkeri. p. 63.
  6. ↑ "Sør-Trøndelag fylke". Consultado o 2008-10-28.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]