Saltar ao contido

Haloxylon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Haloxylon
 Nome taxon
    Haloxylon
Eduard Fenzl (pt) Traducir 1851 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeCaryophyllales
 FamiliaAmaranthaceae
 SubfamiliaSalsoloideae
 XéneroHaloxylon Editar o valor en Wikidata
Bunge ex Fenzl, 1851 Haloxylon Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0b76y4b Editar o valor en Wikidata
OTT101763 Editar o valor en Wikidata
CoL4SZY Editar o valor en Wikidata
EOL2872976 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000016789 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

Haloxylon é un xénero de plantas anxiospermas da orde das cariofilales e da familia das amarantáceas.

Comprende 25 especies descritas, propias de España, norte de África e Asia central e oriental (Mongolia e a China),[1] pero destas, só 7 son acaceptadas actualmente.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1851 polo botánico xermano-ruso Alexander von Bunge e publicado en Botanical Journal of the Linnean Society 75 (4): 366.[3]

A especie tipo é Haloxylon ammodendron (C.A.Mey.) Bunge ex Fenzl.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Haloxylon está formado polos elementos do latín científico halo- e -xylon, derivados das voces do grego antigo ἅλς háls, "sal" e ξύλον xýlon, "madeira". Literalmente: "as árbores do sal", que se refire tanto aos lugares de crecemento destas plantas, a miúdo salgados, así como á acumulación de sal nelas.

Especies aceptadas

[editar | editar a fonte]

A continuación relaciónase unha lista das especies do xénero Haloxylon aceptadas até xuño de 2014, ordenadas alfabeticamente e indicando para cada unha o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos habituais.

Características

[editar | editar a fonte]

Son pequenas árbores ou arbustos con caules articulados, fráxiles, e follas opostas reducidas. As flores nacen en pólas curtas na parte inferior das pólas máis vellas, cun par de bractéolas máis ou menos membranosas, solitarias, nas axilas das brácteas. Segmentos do perianto membranosos, libres, con guedellas de pelos basais, desenvolvendo ás nos froitos.[3]

  1. ↑ Haloxylon Bunge ex Fenzl Arquivado 20 de novembro de 2021 en Wayback Machine. no Real Xardín Botánico de Kew.
  2. ↑ Haloxylon en PlantList Consultada o 13 de abril de 2020.
  3. 1 2 "Haloxylon". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de abril de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • The International Plant Names Index Haloxylon.
  • Bunge, Alexander Andrejewitsch (Aleksandr Andreevic, Aleksandrovic) von - ?, 1851: Ledeb. Fl. Ross. 3: 819.