Saltar ao contido

Gemini 9A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gemini 9»)
Gemini 9A
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Nave
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
 Membro da tripulación
Datas
 Lanzamento
3 de xuño de 1966 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Masa
   3.750 kg engalaxe Editar o valor en Wikidata
 Duración
   260.450 s Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   274 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   272 km Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   28,8 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   89,97 min Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0208wx Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

Gemini 9A foi a sétima misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por Thomas P. Stafford e Eugene A. Cernan, sendo a tripulación de apoio James A. Lovell e Edwin E. Aldrin. A tripulación orixinal da Gemini 9A eran Elliot M. See e Charles M. Bassett II, que faleceron nun accidente aéreo o 28 de febreiro de 1966, e facendo que Stafford e Cernan, orixinalmente tripulación de apoio, pasasen a ser a tripulación principal.[1][2]

Desenvolvemento da misión

[editar | editar a fonte]

A misión orixinal (Gemini 9) debería ter sido lanzada o 17 de maio, pero o lanzamento do vehículo non tripulado que debería servir como obxectivo para a misión fallou, co que a data para o lanzamento se pospuxo. Finalmente, a misión, denominada agora Gemini 9A, foi lanzada o 3 de xuño de 1966 ás 13:39:33,335 UTC (8:39:33 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e inserida nunha órbita inicial de 158,8 km de perixeo e 266,9 km de apoxeo. Tras tres órbitas a cápsula encontrouse co ATDA (Augmented Target Docking Adapter), que por un problema mecánico aínda tiña a cofia acoplada, impedindo o atraque da Gemini 9A. Os plans da misión cambiaron para, en lugar do acoplamento, facer exercicios de cita espacial co ATDA. O primeiro exercicio, sen radar e unicamente mediante navegación óptica, finalizou ás 15:15. O segundo simulou a cita dun futuro módulo de mando Apolo cun hipotético módulo lunar tras a cancelación da aluaxe, e foi completada ás 6:21 do 4 de xuño. A Gemini 9A separouse definitivamente do ATDA ás 7:38, e o paseo espacial planeado para ese día foi posposto debido ó cansazo da tripulación. O 5 de xuño ás 10:02 EST, a cabina foi despresurizada como preparación para o paseo espacial. Cernan saíu ás 19:19, atado por un umbilical de 8 metros de longo que lle proporcionaba osíxeno.

O ATDA visto desde a Gemini 9A. Nótese a cofia sen exectar nun dos extremos.

Unha vez fóra, recolleu o detector de micrometeoritos situado nun lateral da cápsula e moveuse arredor da mesma, informando de dificultades para moverse e orientarse. Cernan sacou fotos da cápsula Gemini flotando desde o extremo do umbilical. Logo regresou ata a parte posterior da cápsula, onde se atopaba a Astronaut Maneuvering Unit (AMU), un sistema de manobra para astronautas durante paseos espaciais e que debía probar. O exercicio consistía en desconectarse da subministración de osíxeno do umbilical para poñerse a AMU (aínda que seguiría unido á cápsula por un cable) e usar a súa reserva de osíxeno e afastarse 45 metros da cápsula. A tarefa de poñerse a AMU durou máis do previsto e requiriu un esforzo adicional por parte de Cernan, sobrecargando o seu sistema de soporte vital e embazando o seu visor, o que limitaba a súa visión. Ademais atopouse que a radio da AMU tiña problemas, co que Stafford ordenou a Cernan que volvese á cabina da cápsula, finalizando o paseo espacial ás 12:10, que cunha duración de 2 horas e 8 minutos foi o paseo máis longo ata o momento.

Os retrofoguetes foron acendidos na órbita número 45, ás 8:26:17 EST do día 6 de xuño. A cápsula amarou ás 9:00:23 EST no océano Atlántico occidental, a 0,7 km do punto planeado e a 27,87° N e 75,00° O. O tempo total de misión foi de 72 horas, 20 minutos e 50 segundos. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Wasp ás 9:52 EST.[1][2]

  1. 1 2 NASA (14 de maio de 2012). "Gemini 9A" (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2013.
  2. 1 2 Mark Wade (2011). "Gemini 9" (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]