Saltar ao contido

Estudante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estudante
estudo e atividade extra-curricular (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
 Composto por
Características
 Oposto a
 Representado por
Fontes e ligazóns
Freebase/m/014cnc Editar o valor en Wikidata
MeSHD013334 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX527280
Wikidata G:Commons C:Commons

A palabra estudante[1][2] é un substantivo masculino ou feminino que se refire ao alumno ou alumna dentro do ámbito académico, e que se dedica a esta actividade como a súa ocupación principal.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O uso actual da palabra estudante provén da Idade Media. Do mesmo xeito que en portugués, español ou francés, procede do participio presente de studiare (studians, studiantis) que significa 'que está estudando'[3]. En inglés (student), é resultado dunha deformación do significado da palabra latina "studere" e o seu substantivo “studium”.[4]

Diferenza entre estudante e alumno

[editar | editar a fonte]

Habitualmente utilízase indistintamente o concepto de alumno e estudante, agás que o segundo adoita identificar mellor o alumnado de niveis superiores. Aínda así, moitos dos matices e explicación que se dan para o alumnado poden aplicarse ao estudantado.

Artigo principal: Alumnado.

Asociación de estudiantes

[editar | editar a fonte]

Os estudantes organízanse en asociacións para a defensa dos seus dereitos e a realización de actividades.

Artigo principal: Asociación de estudantes.
Estudantes en clase na Universidade de Helsinqui.
  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estudante.
  2. ↑ Definición de estudante no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. ↑ "Pequeña explicación sobre la palabra ESTUDIANTE". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-08-02.
  4. ↑ "Student". Online Etymology Dictionary. Consultado o 19 de xuño de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]