Saltar ao contido

Denali

Denali
 Nome oficial
Mount McKinley (en) dende 2025
Denali (en) dende 2015 ata 2025
Denali (en) dende 1975
Mount McKinley (en) dende 1917 ata 2015 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Situado en
 Localización
 Cordilleira
 Localizado na área protexida
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Altitude
   6.190 m Editar o valor en Wikidata
 Prominencia topográfica
   6.155 m Editar o valor en Wikidata
 Illamento topográfico
   7.436,9 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF241195889 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01df56 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5295750
Wikidata G:Commons C:Commons

Denali é a montaña de maior elevación de América do Norte e dos Estados Unidos. Sitúase en Alasca, e ten unha altura de 6.194 metros. Forma parte da gran cadea de Alasca, un arco montañoso de 960 km, que se estende a través da zona suroriental do estado. Esta cadea é unha porción dos grandes cordais occidentais do continente, que se estenden desde Alasca até as costas de California, e a depresión do Val da Morte.

O pobo kokuyon, habitantes tradicionais da área, denomínana Denali ("a gran montaña"). Foi, porén, renomeado Monte McKinley en 1896, en honra do presidente estadounidense William McKinley, nome oficializado en 1917 por unha lei federal. En 1975 Alasca recoñeceu a forma Denali como oficial e principiou un longo litixio coas autoridades federais para que estas recoñecesen a forma Denali como oficial a efectos federais, o que se levou a cabo en 2015.[1] Porén, o 20 de xaneiro de 2025 o presidente Donald Trump asinou unha orde federal na que lle solicitaba ao Secretario do Interior que restablecese o nome do monte a McKinley de novo nun prazo de 30 días.[2]

Ascensións

[editar | editar a fonte]

A primeira ascensión do McKinley aconteceu o 7 de xuño de 1913, a cargo dunha expedición guiada por Hudson Stuck. Unha suposta escalada no 1903, por Frederick Cook, demostrouse moi logo que era unha fraude. No 1947, Barbara Washburn foi a primeira muller que alcanzou a cima. Na actualidade a montaña é escalada con regularidade, pero segue a ser unha empresa perigosa e da que resultan bastantes incidentes.

  1. ↑ "Denali to be restored as name of North America's tallest mountain". Newsminer. 30 de agosto de 2015.
  2. ↑ Bohannon, Molly. "Trump Renames Denali To Mount McKinley—Here’s What To Know". Forbes (en inglés). Consultado o 2025-01-21.