Saltar ao contido

BRICS

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 BRICS
Logotipo
Imaxe
 Composto por
Suráfrica (24 de decembro de 2010 - )
Rusia (16 de xuño de 2009 - )
República Popular da China (16 de xuño de 2009 - )
Irán (xaneiro de 2024 - )
Indonesia (xaneiro de 2025 - )
Indonesia (6 de xaneiro de 2025 - )
India (16 de xuño de 2009 - )
Exipto (xaneiro de 2024 - )
Etiopía (xaneiro de 2024 - )
Emiratos Árabes Unidos (xaneiro de 2024 - )
Brasil (16 de xuño de 2009 - )
Belarús
Bangladesh
Bahrain
Arabia Saudita (xaneiro de 2024 - )
Alxeria Editar o valor en Wikidata
Características
 Caracterizado por
 Aspecto de
 Industria
 Contén partes da clase
Implicados
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
16 de xuño de 2009 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Cifras e dimensións
 Número de membros
   11 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Mapa de localización
Fontes e ligazóns
VIAF311598022 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0gyrf98 Editar o valor en Wikidata
Twitter: bricsmedia Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
     países membros     países socios     países candidatos

Os BRICS son unha asociación de países e grupo económico, político e social formado por Brasil, Rusia, a India, a China e Suráfrica,[1] aos que se lle incorporan, a partir do 1 de xaneiro de 2024, Arxentina, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Exipto e Etiopía.[2] Até a incoporación da República Surafricana en 2011, o grupo era coñecido como BRIC.

Todas estas nacións teñen en común unha gran poboación: a China e a India superan os 1 100 millóns e o Brasil e Rusia os 150 millóns; un enorme territorio, case 38,5 millóns de quilómetros cadrados, o que lles proporciona dimensións estratéxicas continentais e unha xigantesca cantidade de recursos naturais e enormes cifras que adoitan presentar de crecemento do seu PIB e de participación no comercio mundial nos últimos anos, o que os fai atractivos como destino de investimentos. México e Corea do Sur son os únicos países comparables aos BRICS, mais as súas economías excluíronse debido a que xa son membros da OCDE. Tódolos países BRICS forman parte do G20.

Reunións da cúpula dos BRICS

[editar | editar a fonte]
Líderes dos países BRIC en 2008.
Cúpula Participantes Data País anfitrión Líder anfitrión Localización
1ª BRIC 16 de xuño de 2009 Rusia Rusia Dmitrii Medvedev Ekaterimburgo
2ª BRIC 15 de abril de 2010 Brasil Luiz Inácio Lula da Silva Brasilia
3ª BRICS 14 de abril de 2011 China Hu Jintao Sanya
4ª BRICS 29 de marzo de 2012 India India Manmohan Singh Nova Deli
5ª BRICS 26 de marzo de 2013 Sudáfrica Suráfrica Jacob Zuma Durban
6ª BRICS 15 de xullo de 2014 Brasil Dilma Rousseff Fortaleza
7ª BRICS 9 de xullo de 2015 Rusia Rusia Vladimir Putin Ufa
8ª BRICS 16 de outubro de 2016 India India Narendra Modi Goa
9ª BRICS 5 de setembro de 2017 China Xi Jinping Xiamen
10ª BRICS 26 de xullo de 2018 Sudáfrica Suráfrica Cyril Ramaphosa Xohanesburgo
11ª BRICS 13 e 14 de novembro de 2019 Brasil Jair Bolsonaro Brasilia
12ª BRICS 17 de novembro de 2020 Rusia Rusia Vladimir Putin San Petersburgo (virtual)
13ª BRICS 9 de setembro de 2021 India India Narendra Modi Nova Deli (virtual)
14ª BRICS 23 e 24 de xuño de 2022 China Xi Jinping Pequín (virtual)
15ª BRICS 22 e 24 de agosto de 2023 Sudáfrica Suráfrica Cyril Ramaphosa Xohanesburgo
16ª BRICS 22 e 24 de outubro de 2024 Rusia Rusia Vladimir Putin Kasan
  1. ↑ "Suráfrica, nuevo miembro del BRIC". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2013.
  2. ↑ "Brics confirma entrada de Argentina, Arábia Saudita, Emirados, Irã, Egito e Etiópia". Folha de São Paulo (en portugués). 24 de agosto de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]