Atalarico
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 516 (Gregoriano) |
| Morte | 2 de outubro de 534 (Gregoriano) |
| Rei de Italia | |
| 30 de agosto de 526 – 2 de outubro de 534 ← Teodorico o Grande – Teodato → | |
| Rei dos ostrogodos | |
| 526 – 534 ← Teodorico o Grande – Teodato → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca, escritor |
| Outro | |
| Título | Rei |
| Familia | Amalos |
| Pais | Eutarico |
| Irmáns | Matasunta |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Allgemeine Deutsche Biographie Encyclopædia Britannica |
Atalarico, nado no ano 516 e finado o 2 de outubro de 534, foi rei dos ostrogodos do 526 ao 534, como sucesor do seu avó materno Teodorico o Grande.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Eutarico (morto en 522) e de Amalasunta, quen controlou o reino durante un período cando el era moi novo. Non soportando a rexencia dunha muller, nin a educación romana fornecida ao raparigo, nin o tratamento obsequioso de Amalasunta en relación a Bizancio, así como tampouco o seu espírito conciliador cos romanos, a nobreza gótica decide quitarlle o fillo e educalo segundo os costumes do seu pobo.
O mozo, con todo, non resistiu iso e morreu. Entón Amalasunta, que quería conservar o poder, casou con Teodato, duque de Tuscia e un dos xefes do partido nacional. Este, no entanto, exiliouna a unha illa do lago de Bolsena, onde a asasinou.
| Predecesor: Teodorico o Grande |
Rei dos ostrogodos 526 – 534 |
Sucesor: Teodato |