Ashleigh Barty
Ashleigh Barty, nada en Ipswich, Queensland, o 24 de abril de 1996, é unha ex xogadora de tenis e antiga xogadora de crícket australiana. Chegou ao número un do mundo individual da Women's Tennis Association (WTA), sendo a segunda australiana que o logrou tras Evonne Goolagong Cawley.[a] Tamén chegou a estar entre as cinco mellores do mundo en dobres. Barty gañou sete títulos individuais do WTA Tour, incluído un título de Roland Garros.
Barty é unha xogadora de todas as superficies, que emprega unha ampla variedade de golpes no seu estilo de xogo. A pesar das súa curta estatura para unha xogadora de tenis profesional, ten un servizo excelente. Barty actúa como Embaixadora Nacional Indíxena do Tenis para Tennis Australia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Barty naceu en Ipswich en Queensland e comezou a xogar ao tenis con catro anos preto en Brisbane. Tivo unha carreira júnior prometedora, acadando o número dous do mundo tras gañar o título individual de nenas en Wimbledon en 2011. De adolescente, Barty tivo un éxito temperán en dobre no WTA Tour de 2013, chegando á final de tres torneos do Grand Slam coa veterana Casey Dellacqua, incluído o Aberto de Australia con dezaseis anos. Posteriormente, na temporada de 2014 decidiu tomar un descanso indefinido do tenis, pasando a xogar ao crícket. Asinou un contrato co Brisbane Heat para a temporada inaugural da Women's Big Bash League, sen recibir antes adestramento nese deporte.
Barty volveu ao tenis a principios de 2016. Revelouse como xogadora individual en 2017, gañando o seu primeiro título da WTA, o Malaysian Open, que lle valeu para chegar ao número 17 da clasificación sen chegar a estar entre as cen primeiras antes do seu tempo fóra do tenis.
O 23 de marzo de 2022 anunciou que abandonaba a práctica profesional do tenis á idade de 25 anos e sendo a número un da WTA[1].
Torneos de Grand Slam
[editar | editar a fonte]Individual
[editar | editar a fonte]Títulos (3)
[editar | editar a fonte]| Ano | Torneo | Opoñente na final | Resultado |
| 2019 | 6-1, 6-3 | ||
| 2021 | 6–3, 6–7(4–7), 6–3 | ||
| 2022 | 6–3, 7–6(7–2) |
Dobres
[editar | editar a fonte]Títulos (1)
[editar | editar a fonte]| Ano | Torneo | Parella | Opoñentes na final | Resultado |
| 2018 | 3-6, 7-6(2), 7-6(6) |
Finalista (5)
[editar | editar a fonte]| Ano | Torneo | Parella | Opoñentes na final | Resultado |
| 2013 | 2-6, 6-3, 2-6 | |||
| 2013 | 6-7(1), 1-6 | |||
| 2013 | 7-6(4), 1-6, 4-6 | |||
| 2017 | 2-6, 1-6 | |||
| 2019 | 5-7, 5-7 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ash Barty announces shock retirement from tennis at 25". the Guardian (en inglés). 2022-03-23. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ Margaret Court tamén acadou o número 1 antes de que se creasen as clasificacións da WTA en 1975.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ashleigh Barty |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ashleigh Barty Arquivado 26 de xuño de 2019 en Wayback Machine. stats on My Cricket
- Nados en Queensland
- Nados en 1996
- Tenistas femininas de Australia
- Xogadores de crícket
- Campións do Roland Garros
- Australianos de ascendencia aborixe
- Australianos de ascendencia inglesa
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Medallistas olímpicos de bronce por Australia
- Medallistas olímpicos en tenis
- Tenistas olímpicos de Australia
- Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2020