Saltar ao contido

Arenaria (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arenaria
 Nome taxon
    Arenaria
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon homónimo
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeCaryophyllales
 FamiliaCaryophyllaceae
 XéneroArenaria Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Arenaria Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/08g8cn Editar o valor en Wikidata
MeSHD031243 Editar o valor en Wikidata
ITIS20235 Editar o valor en Wikidata
OTT842196 Editar o valor en Wikidata
CoL4GD Editar o valor en Wikidata
EOL37240 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000002959 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Arenaria é un xénero cosmopolita da familia das cariofiláceas característico de rochedos, matogueiras e prados. Está composto por unhas 1 400 especies descritas, das cales menos da terceira parte están aceptadas. A súa diversidade é abundante na Península Ibérica, contando con até 40 especies.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Son herbas anuais, bienais ou perennes, máis raramente sufrútices. Follas opostas, enteiras, sen estípulas. Flores hipóxinas, en inflorescencias cimosas solitarias, rara vez en acios, xeralmente brancas, á veces de cor rosa ou púrpura. Sépalos (4)5, libres, persistentes, os internos xeralmente con ampla marxe membranosa. Pétalos (4)5, enteiros, retusos ou emarxinados. Estames (8) 10, uniseriados, inseridos nun disco glanduloso perixino. Estilos 3, raramente 2, 4 ou 5. Froito en cápsula dehiscente por dobre número de dentes ou valvas que o de estilos, en xeral 6 ou 3 bidentados. Sementes reniformes ou globosas, algo comprimidas lateralmente, sen estrofiolo, negras polo xeral; testa formada por células anchas e arredondadas, prominentes (testa coliculada) —as dorsais ou todas elas provistas ás veces de prominencias mamiformes, cónicas ou cónico-cilíndricas—, raramente lisa e brillante.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Linneo e publicado en Species Plantarum 1: 423. 1753.[3] A especie tipo é Arenaria serpyllifolia L.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Arenaria deriva do termo latino arenarius "de area, areoso". Adxectivo substantivado: a planta á que J. Bauhin deu este nome en 1631 vive en terreo areoso.[4]

Especies aceptadas polo Plants of the World Online en setembro de 2021:[5]

  1. ↑ G. López González. "Flora ibérica. Plantas vasculares de la Península Ibérica e Islas Baleares. Volumen II. Capítulo XLIX. 14. Arenaria." (PDF). Consultado o 7 de setembro de 2022.
  2. ↑ Arenaria en Flora Vascular
  3. ↑ "Arenaria". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 7 de setembro de 2022.
  4. ↑ En Flora Vascular
  5. ↑ "Arenaria". Plants of the World Online. Royal Botanic Gardens Kews. 2021. Consultado o 7 de setembro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Bailey, L.H. & E.Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, New York.
  2. Baker, R. D. A. & W.C. Burger. 1983. Family 70. Caryophyllaceae. In: W. Burger (ed.), Flora Costaricensis. Fieldiana, Bot., n.s. 13: 227–247.
  3. Flora of China Editorial Committee. 2001. Flora of China (Caryophyllaceae through Lardizabalaceae). 6: 1–512. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  4. Flora of North America Editorial Committee, e. 2005. Magnoliophyta: Caryophyllidae, part 2. Fl. N. Amer. 5: i–xxii + 1–656.
  5. Forzza, R. C. 2010. Lista de especies da Flora do Brasil. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Río de Janeiro.
  6. Idárraga-Piedrahíta, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  7. Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278.
  8. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  9. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  10. Nelson, C. H. 2008. Cat. Pl. Vasc. Honduras 1–1576.
  11. Standley, P. C. & J. A. Steyermark. 1946. Caryophyllaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatema la - Part IV. Fieldiana, Bot. 24(4): 217–239.
  12. Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel Jarquín. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]